O sangue dos camiños

O SANGUE DOS CAMIÑOS

Autor: Caride, Ramón

Sección: NARRATIVA - Novela General

O sangue dos camiños

O sangue dos camiños

16,65€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
19/02/2014
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Nunha cidade descoñecida un escritor atorméntase coa desaparición da súa amada, mentres en Nova York unha azafata trafica con estrañas mercadorías. En Le-Vivier-Sur-Mer, na Bretaña, outra muller terá un encontro inesperado que rematará por mudar a súa vida. Os camiños dos tres confluirán, se cadra, dun xeito insólito. Como nunha road-movie vertixinosa, O sangue dos camiños (Premio Risco de Literatura …

Nunha cidade descoñecida un escritor atorméntase coa desaparición da súa amada, mentres en Nova York unha azafata trafica con estrañas mercadorías. En Le-Vivier-Sur-Mer, na Bretaña, outra muller terá un encontro inesperado que rematará por mudar a súa vida. Os camiños dos tres confluirán, se cadra, dun xeito insólito. Como nunha road-movie vertixinosa, O sangue dos camiños (Premio Risco de Literatura Fantástica 2003) debulla, e transcende, os mitos do folclore actual -os dos medios de comunicación de masas-, mantendo a tensión do lector cara á fatalidade dos desenlaces. Aos dez anos da súa publicación, esta edición definitiva actualiza e recupera a novela, e culmina a triloxía narrativa de sombras e de lume, integrada tamén por Soños eléctricos e Sarou/Louzós. " A obra máis lograda do autor ourensán, na que enfronta ao home cos avances científicos, a busca dun mesmo na soidade máis absoluta e o camiño cara ao destino de cada un de nós, malia non sermos conscientes da forza e da determinación do azar. " (Isabel Mociño González) " O sangue dos camiños é unha novela chea de trama, de argumento, de verdadeira historia. Unha historia que mantén sempre a primacía, o interese, a verosimilitude e nos obriga a reflexionar sobre o sentido das nosas vidas e as súas continxencias. Novela de estradas, de peregrinaxes, de fuxidas dun mesmo, de identidades cambiantes; tamén de pesadelos, alustres e frialdades. Con doses selectas de erotismo, de onirismo, de intres nos que o relato se converte nun verdadeiro thriller psicolóxico. " (Francisco Martínez Bouzas)
Leer más

Más libros de Caride, Ramón

Todos los libros de Caride, Ramón

Más información del libro

O sangue dos camiños

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-427-6
EAN:
9788499144276
Nº páginas:
224
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
150 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario ?Paisaxe de verde chuvia? (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como ?Soños eléctricos? (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; ?Sarou? (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio ?Sarou / Louzós? (Xerais, 2012); ?O frío azul? (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); ?O sangue dos camiños? (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; ou os libros de relatos ?Flash-Black 13? (2014), ?Exogamia 0.3? (Xerais, 2011), ?Endogamia 0.2? (Xerais, 2013), ?Dedre? (Xerais, 2004) ou ?Liquidación de existencias? (Xerais 2016). O volume antolóxico ?As máscaras de Cronos? (Xerais, 2006), ?A chuvia humana? (2011), e ?Criptografías? (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: ?Perigo Vexetal? (Premio Merlín 1995), ?Ameaza na Antártida? (1997), ?O futuro roubado? (1999), ?A negrura do mar? (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e ?O camiño da Estadea? (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil publicou en Xerais, ?Andanzas de Xan Farrapeiro? (2009), ?A pomba dona Paz? (2012), ?Catro amigos pillabáns? (2012), ?O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas? (2013), ?As viaxes de Ruki? (2014) e " Sara ten un segredo " (2018).

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar