Sarou Louzós

SAROU LOUZÓS

Autor: Caride, Ramón

Sección: NARRATIVA - Novela General

Sarou Louzós

Sarou Louzós

16,65€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
12/07/2012
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Durante máis de vinte anos, a obra narrativa de Ramón Caride, paralelamente a outras xeiras e debalos mundo adiante, foi poboando os seus dous lugares referenciais, tan familiares como míticos ?Sarou, nas Rías Baixas; e Louzós, no corazón da Galiza central?, con historias do máis escuro e violento realismo, resgatadas dos xornais e da nosa memoria común; e tamén con …

Durante máis de vinte anos, a obra narrativa de Ramón Caride, paralelamente a outras xeiras e debalos mundo adiante, foi poboando os seus dous lugares referenciais, tan familiares como míticos ?Sarou, nas Rías Baixas; e Louzós, no corazón da Galiza central?, con historias do máis escuro e violento realismo, resgatadas dos xornais e da nosa memoria común; e tamén con personaxes marcados a ferro pola vida. Fitos e alicerces da nosa serie negra, estas historias son tamén expresións dun mundo propio, dun universo duro, acedo e conflitivo, onde só o amor, contadas veces, é quen de poñer luz, ou de tentar dar acougo. Por primeira vez, todos os relatos do ciclo recóllense xuntos e organizados polo autor nun volume unitario. Xa que logo, este é un libro senlleiro; en verbas de Xosé Vázquez Pintor: unha «crónica de sucesos a pé de obra, estes retratos de urxente xornalismo que xa se instala na retina, no de cada día; e todos somos cómplices, parte destas historias de infinita soedade e infinitas arañas a tecer os cabos do naufraxio».
Leer más

Más libros de Caride, Ramón

Todos los libros de Caride, Ramón

Más información del libro

Sarou Louzós

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-400-9
EAN:
9788499144009
Nº páginas:
184
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
150 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario ?Paisaxe de verde chuvia? (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como ?Soños eléctricos? (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; ?Sarou? (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio ?Sarou / Louzós? (Xerais, 2012); ?O frío azul? (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); ?O sangue dos camiños? (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; ou os libros de relatos ?Flash-Black 13? (2014), ?Exogamia 0.3? (Xerais, 2011), ?Endogamia 0.2? (Xerais, 2013), ?Dedre? (Xerais, 2004) ou ?Liquidación de existencias? (Xerais 2016). O volume antolóxico ?As máscaras de Cronos? (Xerais, 2006), ?A chuvia humana? (2011), e ?Criptografías? (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: ?Perigo Vexetal? (Premio Merlín 1995), ?Ameaza na Antártida? (1997), ?O futuro roubado? (1999), ?A negrura do mar? (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e ?O camiño da Estadea? (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil publicou en Xerais, ?Andanzas de Xan Farrapeiro? (2009), ?A pomba dona Paz? (2012), ?Catro amigos pillabáns? (2012), ?O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas? (2013), ?As viaxes de Ruki? (2014) e " Sara ten un segredo " (2018).

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar