Rosalía feminista

Rosalía feminista

Autor: Castro, Rosalía de

Sección: POESÍA - POESÍA GRAL

Rosalía feminista

Rosalía feminista

14,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
28/02/2019
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
Ver ficha completa

ÚLTIMOS EJEMPLARES

Recogida en librería GRATIS

Envío a domicilio

Añadir a la cesta

Sinopsis

A poesía de Rosalía de Castro agroma nun triángulo de furias: a reivindicación das mulleres; a meniña gaiteira que tatexa palabras inaugurais dunha nación non prevista; e a ira contra a precariedade, a compaixón polas persoas inocentes e tristes, a certeza da vulnerabilidade. Nese triángulo de furias afírmase a Rosalía feminista. Dálle voz á moza, á violada, á solteira, á …

A poesía de Rosalía de Castro agroma nun triángulo de furias: a reivindicación das mulleres; a meniña gaiteira que tatexa palabras inaugurais dunha nación non prevista; e a ira contra a precariedade, a compaixón polas persoas inocentes e tristes, a certeza da vulnerabilidade. Nese triángulo de furias afírmase a Rosalía feminista. Dálle voz á moza, á violada, á solteira, á vella, á nai obrigada a deixar o fillo só, ás mulleres confinadas entre o amor romántico e unha idea estreita de familia. Avisa dos perigos do gaiteiro da festa, do emigrante que non ha volver, da violencia do poder. Defende a xustiza pola man. E crea a viúva de vivo: esa muller soa, sen rostro, sen amor e tamén sen amo que resolve, como unha Penélope navegante, deixar de agardar.
Leer más

Más libros de Castro, Rosalía de

Todos los libros de Castro, Rosalía de

Más información del libro

Rosalía feminista

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-476-2
EAN:
9788491214762
Nº páginas:
112
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
POESÍA
Sub-Sección:
POESÍA GRAL
Rosalía de Castro (1837-1885) é considerada a escritora nacional de Galicia e a publicación de Cantares gallegos (1863) a marca do inicio do denominado Rexurdimento. Filla da fidalguía rural galega, na súa vida considéranse decisivos para a súa formación intelectual o paso polo Liceo de la Juventud en Compostela e a posterior experiencia madrileña. Foi en Madrid onde publicou a súa primeira obra (La Flor, 1857) e onde coñeceu e casou con Manuel Murguía (1858), líder intelectual da súa xeración. A súa vida a partir de aquí coñeceu unha grande itinerancia e unha intensa dedicación á escrita. En prosa e en verso, en galego e castelán, a obra de Rosalía de Castro ocupa un lugar moi relevante nas letras europeas do século XIX. Os seus manifestos feministas ( " Lieders " e " Las literatas " ), o seu avanzado pensamento político e social (Follas novas, El caballero de las botas azules) ou a súa decidida posición crítica como intelectual convértena nunha figura literaria que concita sempre un renovado e múltiple interese. Caracterizada por unha persoal retórica e unha orixinal estratexia en que se modernizan os pactos co lector, tanto os do romanticismo coma os do realismo, a padronesa afondou como poucos nalgúns dos conflitos dialécticos da súa época e nas profundidades abisais da subxectividade do eu. Fiel á súa Terra de Iria, a pesar de tanto vagar, pasou os seus últimos anos de vida na Matanza (Padrón) onde compuxo En las orillas del Sar, obra cimeira na súa produción. Enterrada no cemiterio de Adina en Iria, os seus restos foron trasladados a San Domingos de Bonaval, no que hoxe é o Panteón de Galegos Ilustres.

Otros libros en POESÍA

  • LO QUE PASA ES QUE TE QUIERO

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    LO QUE PASA ES QUE TE QUIERO

    21,00€ IVA INCLUIDO

  • Donde viven las musas

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    Donde viven las musas

    20,90€ IVA INCLUIDO

  • EL AMOR, LAS MUJERES Y LA VIDA

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    EL AMOR, LAS MUJERES Y LA VIDA

    11,95€ IVA INCLUIDO

  • GENTE CORRE TANTO, LA

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    GENTE CORRE TANTO, LA

    21,00€ IVA INCLUIDO

  • SI TÚ QUIERES, TE BAJAS LA LUNA

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    SI TÚ QUIERES, TE BAJAS LA LUNA

    15,90€ IVA INCLUIDO

  • EL LIBRO DE GLORIA FUERTES. NUEVA EDICION

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    EL LIBRO DE GLORIA FUERTES. NUEVA EDICION

    26,90€ IVA INCLUIDO

  • ROMANCERO GITANO

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    ROMANCERO GITANO

    11,95€ IVA INCLUIDO

  • LEXICO ROMANO

    NO DISPONIBLE

    LEXICO ROMANO

    14,00€ IVA INCLUIDO

  • POESIA COMPLETA

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    POESIA COMPLETA

    23,90€ IVA INCLUIDO

  • CONSECUENCIAS DE DECIR TE QUIERO

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    CONSECUENCIAS DE DECIR TE QUIERO

    10,95€ IVA INCLUIDO

  • LOS DONES.

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    LOS DONES.

    13,50€ IVA INCLUIDO

  • CAMPOS DE CASTILLA

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    CAMPOS DE CASTILLA

    11,95€ IVA INCLUIDO

  • ELEGIRME

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    ELEGIRME

    17,90€ IVA INCLUIDO

  • ANTOLOGIA POETICA

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    ANTOLOGIA POETICA

    14,90€ IVA INCLUIDO