SOÑOS. ARQUIVOS. CARTAS

SOÑOS. ARQUIVOS. CARTAS

Autor: Cebreiro, María do

Sección: POESÍA - POESÍA GRAL

SOÑOS. ARQUIVOS. CARTAS

SOÑOS. ARQUIVOS. CARTAS

12,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
08/03/2018
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

" Soños. Arquivos. Cartas " é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva, o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros. " …

" Soños. Arquivos. Cartas " é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva, o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros. " Soños. Arquivos. Cartas " componse de fragmentos cosidos por un fío narrativo, non propiamente novelesco, que é o da vida, o dos días pasados e presentes, posto ao servizo dunha procura: falar das condicións nas que ese lume lento que sempre arde nas mans e que chamamos poesía pode ou non ser transmitido ás ávidas mans daqueles que o procuran. Un libro que, a imitación do delgado fío vermello da vida, ve na poesía unha herdanza oculta que pasa por enriba de case todo e de case todos. Por iso mesmo, é un libro sobre o amor, semellante neste concepto a case todos os da autora. Mais, a diferenza doutros, " Soños. Arquivos. Cartas " non rende tributo aos amores persoais senón á forza que precisamos para que as cousas que acontecen no día a día (as conversas, as lembranzas, os soños, os encontros, os espertares, as noites, os paseos, os poemas) merezan verdadeiramente ser vividas.
Leer más

Más libros de Cebreiro, María do

Más información del libro

SOÑOS. ARQUIVOS. CARTAS

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-332-1
EAN:
9788491213321
Nº páginas:
80
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
225 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
POESÍA
Sub-Sección:
POESÍA GRAL
María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976) publicou os libros de poemas " O estadio do espello " (Xerais 1999); " (nós, as inadaptadas) " (2001); " Non queres que o poema te coñeza " (2004); " Os hemisferios " (2006); a escolma " Objetos perdidos " (2007), en versión galego-castelá; " Cuarto de outono " (2008); " Non son de aquí " (Xerais 2009); " A guerra " , con Daniel Salgado (2012); " Os inocentes " (2014); " O deserto " (2015), Premio da Crítica Española ao mellor poemario en lingua galega; " A lentitude " (2017) e " Soños. Arquivos. Cartas " (Xerais 2018). " Non son de aquí " foi traducido ao inglés por Helena Miguélez-Carballeira en Shearsman Books (2011). En colaboración con Xosé Carlos Hidalgo Lomba, deseñador gráfico d? " O deserto " , editou os libros de artista " Poemas históricos " (2010) e " O grupo " (2012). Con Ismael Ramos deu ao prelo o diálogo poético " A ferida " (2013).

Otros libros en POESÍA