Pel de cordeiro

Pel de cordeiro

Autor: Costas, Ledicia

Sección: NARRATIVA - Novela General

Pel de cordeiro

Pel de cordeiro

19,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
01/05/2024
Colección:
NARRATIVA
Ver ficha completa

DISPONIBLE

Recogida en librería GRATIS

Envío a domicilio

Añadir a la cesta

Sinopsis

Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son …

Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas. Lola é unha muller do século XXI que atravesa unha crise persoal. Entra en contacto cunhas forzas que non comprende. A ruptura coa súa parella, as súas dúbidas sobre a maternidade e o desbloqueo de recordos que tiña esquecidos provócanlle un colapso. Ledicia Costas afonda no espertar sexual, na violencia e na maxia con grandes doses de fantasía. Unha novela hipnótica, que explora o erotismo e a escuridade e nos envolve nunha atmosfera tan terrible como preciosa.
Leer más

Más libros de Costas, Ledicia

Todos los libros de Costas, Ledicia

Más información del libro

Pel de cordeiro

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-11-10540-8
EAN:
9788411105408
Nº páginas:
344
Colección:
NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
23 mm
Ancho:
16 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados. Na colección Narrativa de Xerais publicou os relatos de «Un animal chamado néboa» (2015), Premio Losada Diéguez, e as novelas «Infamia» (2019) e «Golpes de luz» (2021). Tamén é autora de diversas novelas de fronteira, como «O corazón de Xúpiter» (Xerais 2012), Premio Neira Vilas «Recinto Gris» (Xerais 2014) «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta» (Xerais 2016), Premio Lazarillo, Premio Gala do Libro Galego e The White Ravens ou «A balada dos unicornios» (Xerais 2018), Premio Lazarillo, Premio Kelvin 505 á mellor novela xuvenil orixinal de 2019. En 2014 recibiu o Premio Merlín e o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por «Escarlatina, a cociñeira defunta» (Xerais 2014). É autora doutros títulos emblemáticos como «Esmeraldina, a pequena defunta» (Xerais 2016) «A señorita Bubble» (Xerais 2018), Premio Gala do Libro Galego «Conexión Macarrón» (Xerais 2019) «Vampira de biblioteca» (Xerais 2020) «A señorita Bubble baixo cero» (Xerais 2020), «A señorita Bubble. Deus salve as raíñas» (Xerais 2023), así como os títulos da serie Os Minimortos: «Benvidos ao Outro Barrio» (Xerais 2020), «Criando malvas» (Xerais 2021), «Escola de salvaxes» (Xerais 2021), «O Día dos Vivos» (Xerais 2021) e «Ai, que risa!» (Xerais 2022). En 2021 foi recoñecida co Premio da Cultura Galega e gañou o Premio Merlín de Literatura coa novela «O neno de lume» (Xerais 2022). En 2022 gañou o XX Premio de Poesía Afundación con «Ultraluz» (Xerais 2023). «A lebre mecánica» (Xerais 2022) fíxoa merecedora por terceira vez do Premio Lazarillo 2021. En 2023 publica o seu primeiro álbum ilustrado, xunto con David Sierra Listón, «Sete dentes de león» (Xerais, 2023). No ano 2024 inicia unha nova serie infantil para primeiros lectores con dous títulos ata o momento «Curriño. O can influencer» e «Curriño. Benvido ao equipo».

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar