Un animal chamado néboa

UN ANIMAL CHAMADO NÉBOA

Autor: COSTAS, LEDICIA

Sección: NARRATIVA - Novela General

Un animal chamado néboa

Un animal chamado néboa

20,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
18/06/2015
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan …

A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir. Un animal chamado néboa é un libro de relatos onde a ficción se constrúe a partir de diferentes acontecementos sucedidos durante o conflito bélico. O cerco de Leningrado, o naufraxio do buque USS Indianapolis, os métodos de tortura da banda de criminais ao servizo do italiano Pietro Koch, a realidade das mulleres prostituídas en Mauthausen ou a terrible misión do Enola Gay forman parte dalgunhas das historias que compoñen este libro. Escrita de xeito directo e descarnado pero sen perder nunca de vista o contexto histórico, esta obra é un retrato desolador e emocional do comportamento das persoas en circunstancias extremas. Un pulso crítico á condición humana.
Leer más

Más libros de COSTAS, LEDICIA

Todos los libros de COSTAS, LEDICIA

Más información del libro

Un animal chamado néboa

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-873-1
EAN:
9788499148731
Nº páginas:
200
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Ledicia Costas. Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela ?Unha estrela no vento? (Xerais 2000), obra escrita en plena adolescencia e que está traducida ao catalán. Na colección Abismos, xunto con outras 24 narradoras, publiquei o relato ?Negrita? no volume ?Narradoras? (Xerais 2000). ?O corazón de Xúpiter? (Xerais 2012) é a miña segunda novela, ?Recinto Gris? (Xerais, 2014) a terceira e ''Un animal chamado néboa'' (Xerais, 2015) a cuarta.. En 2014 gañei o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 con ?Escarlatina, a cociñeira defunta? (Xerais, 2014), en 2016 publiquei ?Esmeraldina, a pequena defunta? e ?Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta? Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015, en 2017 " A señorita Bubble " e " Os arquivos secretos de Escarlatina " , en colaboración co ilustrador Víctor Rivas, en 2018 " As peripecias de Extravaganzza Pérez " . Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados? E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado o poemario ?Xardín de Inverno?. Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón.

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar