DENTRO DA LITERATURA

DENTRO DA LITERATURA

Autor: DE TORO, SUSO

Sección: NARRATIVA - Novela a catalogar

DENTRO DA LITERATURA

DENTRO DA LITERATURA

16,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
24/01/2019
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - Ensaio
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Este libro quere ser unha introdución á literatura, aínda que tamén debe ser o relato da conformación dun escritor. Porque escribir literatura é un oficio severo que conforma a persoa, porque un escritor é unha persoa conformada na súa natureza por ese oficio da palabra. Esta é unha visión personalísima da experiencia literaria, que Suso de Toro quixo compartir. En …

Este libro quere ser unha introdución á literatura, aínda que tamén debe ser o relato da conformación dun escritor. Porque escribir literatura é un oficio severo que conforma a persoa, porque un escritor é unha persoa conformada na súa natureza por ese oficio da palabra. Esta é unha visión personalísima da experiencia literaria, que Suso de Toro quixo compartir. En palabras do propio autor, «escritores e escritoras evolucionan como persoas, no curso do tempo, e como creadores literarios, no curso da súa obra e das súas porfías estéticas. Hai algún momento en que un olla atrás e hai algún momento posterior en que un comprende que a tarefa está feita: aí é cando semella natural compartir, repartir ou, simplemente, contar o vivido e o aprendido».
Leer más

Más libros de DE TORO, SUSO

Todos los libros de DE TORO, SUSO

Más información del libro

DENTRO DA LITERATURA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-466-3
EAN:
9788491214663
Nº páginas:
192
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - Ensaio
Lengua:
GALLEGO
Alto:
180 mm
Ancho:
120 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela a catalogar
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: " Caixón desastre " (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; " Polaroid " (1986), relatos, Premio da Crítica Galicia; " Land Rover " (1988), novela; " Ambulancia " (1990), novela; " Tic-Tac " (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; " A sombra cazadora " (1994), novela; " Conta saldada " (1996, 2017), novela; " Calzados Lola " (1997), novela, Premio Blanco Amor; " Círculo " (1998), relatos; " Non volvas " (2000), novela, Premio da Crítica Española; " Trece badaladas " (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; " Morgún (Lobo Máxico) " (2003), novela; " Home sen nome " (2006), novela; " Sete palabras " (2009), novela, " Somnámbulos " (2014), relatos e " Fóra de si " (2018), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: " F.M. " (1991), " Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista " (1991), " O país da brétema " (2000, Xerais 2016), " A carreira do salmón " (2001), " Nunca máis Galiza á intemperie " (2002), " Españois todos " (2004), " Ten que doer " (2004), " Outra idea de España " (2005), " Outra Galiza " (2008), " Inmateriais. Vidas da nosa historia " (2013) e " Humildar. Rituais despois de deus " (2017). Publicou ademais a obra de teatro " Unha rosa é unha rosa " (1997) e " Servicio de urxencias " (2002), guións de televisión.

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar