Morgún

LOBO MÁXICO

Autor: DE TORO, SUSO

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 13 años

Morgún

Morgún

12,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
24/10/2012
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath fora asasinado polo seu fillo Corrub, habíase cumprir: " o que morreu con traizón volverá polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado polo seu fillo. E o rei será raíña e a espada será o seu signo " . Morgún -aquel …

A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath fora asasinado polo seu fillo Corrub, habíase cumprir: " o que morreu con traizón volverá polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado polo seu fillo. E o rei será raíña e a espada será o seu signo " . Morgún -aquel meniño aparecido na Lagoa onde moran as señoras da maxia e preto da Laxe do sol e da lúa, a pedra onde están escritos todos os destinos dos vivos- será o brillante guerreiro que libere da indignidade a aquela comunidade que asistirá ao nacemento do seu señor Breogán. Esta novela épica de Suso de Toro ten por narrador a Dous Corvos, un guerreiro que narra o acontecido a Morgún, a quen el chama Lobo Máxico, un heroe celta que foi atopado cando meniño cun ollo de cada cor e cunha manda de lobos protexéndoo. A súa é unha historia chea de sangue, de feitos grandes e portentosos, de loitas, de terríbeis desgracias e de maxia. " Morgún " é un relato épico celta enchido de maxia, profecías, vinganzas e destinos de heroes e semideuses. Unha narración que fusiona o relato de aventuras cos dramas shakesperianos e coas traxedias gregas. Unha novela de espada, maxia e bruxería chamada a converterse nun clásico popular da nosa narrativa.
Leer más

Más libros de DE TORO, SUSO

Todos los libros de DE TORO, SUSO

Más información del libro

Morgún

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-372-9
EAN:
9788499143729
Nº páginas:
168
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
130 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 13 años
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: ?Caixón desastre? (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; ?Polaroid? (1986), relatos, Premio da Crítica Galicia; ?Land Rover? (1988), novela; ?Ambulancia? (1990), novela; ?Tic-Tac? (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; ?A sombra cazadora? (1994), novela; ?Conta saldada? (1996, 2017), novela; ?Calzados Lola? (1997), novela, Premio Blanco Amor; ?Círculo? (1998), relatos; ?Non volvas? (2000), novela, Premio da Crítica Española; ?Trece badaladas? (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; ?Morgún (Lobo Máxico)? (2003), novela; ?Home sen nome? (2006), novela; ?Sete palabras? (2009), novela, ?Somnámbulos? (2014), relatos e ?Fóra de si? (2018), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: ?F.M.? (1991), ?Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista? (1991), ?O país da brétema? (2000, Xerais 2016), ?A carreira do salmón? (2001), ?Nunca máis Galiza á intemperie? (2002), ?Españois todos? (2004), ?Ten que doer? (2004), ?Outra idea de España? (2005), ?Outra Galiza? (2008), ?Inmateriais. Vidas da nosa historia? (2013) e ?Humildar. Rituais despois de deus? (2017). Publicou ademais a obra de teatro ?Unha rosa é unha rosa? (1997) e ?Servicio de urxencias? (2002), guións de televisión.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar