SETE PALABRAS

SETE PALABRAS

Autor: De Toro, Suso

Sección: NARRATIVA - Novela General

SETE PALABRAS

SETE PALABRAS

22,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
05/11/2009
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Esta nova novela de Suso de Toro tómanos da man desde o comezo e fai que, empurrados pola intriga e pola emoción da súa lectura engaiolante, acompañemos ao protagonista nunha estraña viaxe cara á orixe para desvelar as claves da identidade persoal. Este relato é unha investigación radical e íntima, unha historia de familia, un retrato particular e colectivo dos …

Esta nova novela de Suso de Toro tómanos da man desde o comezo e fai que, empurrados pola intriga e pola emoción da súa lectura engaiolante, acompañemos ao protagonista nunha estraña viaxe cara á orixe para desvelar as claves da identidade persoal. Este relato é unha investigación radical e íntima, unha historia de familia, un retrato particular e colectivo dos humildes onde se acrisolan os diferentes xéneros literarios para achegarnos a esencia da vida. O autor fainos pasar da reflexión ao sorriso, con bravura e con tenrura, atopando nas experiencias da pobreza e da vida máis humilde as referencias primeiras que fundan a cultura occidental. Os lectores e lectoras agardan que Suso de Toro corra riscos con cada libro e afronte novos desafíos estéticos e temáticos. Esta novela sorprendente non defrauda estas expectativas xa que Suso de Toro, como fixera en Polaroid, Tic-Tac ou Trece badaladas, traza unha nova fronteira literaria.
Leer más

Más libros de De Toro, Suso

Todos los libros de De Toro, Suso

Más información del libro

SETE PALABRAS

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-029-2
EAN:
9788499140292
Nº páginas:
320
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: ?Caixón desastre? (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; ?Polaroid? (1986), relatos, Premio da Crítica Galicia; ?Land Rover? (1988), novela; ?Ambulancia? (1990), novela; ?Tic-Tac? (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; ?A sombra cazadora? (1994), novela; ?Conta saldada? (1996, 2017), novela; ?Calzados Lola? (1997), novela, Premio Blanco Amor; ?Círculo? (1998), relatos; ?Non volvas? (2000), novela, Premio da Crítica Española; ?Trece badaladas? (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; ?Morgún (Lobo Máxico)? (2003), novela; ?Home sen nome? (2006), novela; ?Sete palabras? (2009), novela, ?Somnámbulos? (2014), relatos e ?Fóra de si? (2018), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: ?F.M.? (1991), ?Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista? (1991), ?O país da brétema? (2000, Xerais 2016), ?A carreira do salmón? (2001), ?Nunca máis Galiza á intemperie? (2002), ?Españois todos? (2004), ?Ten que doer? (2004), ?Outra idea de España? (2005), ?Outra Galiza? (2008), ?Inmateriais. Vidas da nosa historia? (2013) e ?Humildar. Rituais despois de deus? (2017). Publicou ademais a obra de teatro ?Unha rosa é unha rosa? (1997) e ?Servicio de urxencias? (2002), guións de televisión.

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar