A MORTE DE GALICIA

A MORTE DE GALICIA

Autor: Dubert, Isidro

Sección: C. SOCIALES - Sociología

A MORTE DE GALICIA

A MORTE DE GALICIA

23,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
10/10/2019
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Historia
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

A obsesión que o groso das elites sociais, políticas e culturais amosan dende hai máis dunha década polo suposto «inverno demográfico» que asola Galicia, coincide no tempo co inicio da quinta vaga emigratoria que sacode o país ao longo da súa historia. É a primeira da democracia, pasados trinta anos da ocorrida en 1950-1975, despois do gasto de cuantiosas axudas …

A obsesión que o groso das elites sociais, políticas e culturais amosan dende hai máis dunha década polo suposto «inverno demográfico» que asola Galicia, coincide no tempo co inicio da quinta vaga emigratoria que sacode o país ao longo da súa historia. É a primeira da democracia, pasados trinta anos da ocorrida en 1950-1975, despois do gasto de cuantiosas axudas europeas destinadas dende 1986 a crear emprego, e afecta xa a máis de 380.000 mozos e mozas, un de cada dous con estudos medios ou superiores. A resposta das autoridades galegas a esta importante perda de capital humano e do seu potencial demográfico consistiu na difusión social do natalismo. Unha ideoloxía caracterizada por agochar a emigración e culpar os vellos e as mulleres da pronta «morte de Galicia». Fronte a isto, este libro é un exercicio de «historia crítica» que contrasta o pasado e o presente, o que foi e o que se nos di que é, e será, Galicia. O resultado amosa a enorme capacidade que a vellez e a emigración supuxeron para vertebrar a nosa historia, e xa que logo, para configurar o presente que estamos a vivir. Un presente que, coma o noso futuro, nada ten que ver con esa «morte de Galicia» predicada polos partidarios do natalismo.
Leer más

Más libros de Dubert, Isidro

Más información del libro

A MORTE DE GALICIA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-590-5
EAN:
9788491215905
Nº páginas:
408
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Historia
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
C. SOCIALES
Sub-Sección:
Sociología
Isidro Dubert é catedrático de Historia Moderna na Universidade de Santiago. Fundador e actual director da revista especializada «Obradoiro de Historia Moderna». Habitualmente investiga temas relativos á historia da familia e á demografía histórica da Galicia dos séculos XVIII e XIX. Mais tamén se ten ocupado neles do estudo da cultura popular, da historia da pesca e do comercio marítimo, do servizo doméstico, da vellez e do avellentamento demográfico, así como do funcionamento dos mercados de traballo, do abandono infantil e da ilexitimidade. Entre outros, é autor de «Cultura popular e imaxinario social en Galicia, 1480-1900» (2007) e editor de «Historia das historias de Galicia» (Xerais, 2016).

Otros libros en C. SOCIALES

También te pueden interesar