Dicionario Ortográfico da Lingua Galega

DICIONARIO ORTOGRÁFICO DA LINGUA GALEGA

Autor: Feixó Cid, Xosé

Sección: DICCIONARIOS - DICCIONARIOS GRAL

Dicionario Ortográfico da Lingua Galega

Dicionario Ortográfico da Lingua Galega

27,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
13/03/2006
Colección:
DICIONARIOS - DICIONARIOS XERAIS
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

O Dicionario Ortgráfico da Lingua Galega, preparado polo lexicógrafo Xosé Feixó Cid, ofrece por vez primeira nun único volume a presentación do vocabulario normativo galego e das normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. Así na primeira parte, dedicada ao vocabulario, preséntase con claridade as formas normativas con indicación gramatical, remisión de formas sinónimas e indicación de formas incorrectas de …

O Dicionario Ortgráfico da Lingua Galega, preparado polo lexicógrafo Xosé Feixó Cid, ofrece por vez primeira nun único volume a presentación do vocabulario normativo galego e das normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. Así na primeira parte, dedicada ao vocabulario, preséntase con claridade as formas normativas con indicación gramatical, remisión de formas sinónimas e indicación de formas incorrectas de uso frecuente. Canto ás normas ortográficas e morfolóxicas, que constitúen a segunda parte do dicionario, optouse para achegalas ao público consultor dun xeito simplificado e claro, ordenado alfabeticamente para unha mellor localización da cuestión obxecto de consulta. Así, o plural, o feminino, a acentuación, o artigo... poden localizarse de xeito máis rápido que buscándoos dentro de epígrafes máis xenéricas ás que ás veces o consultor non sabe dirixirse. Ademais, en poucas páxinas, ofrécese extractado, pero de forma completa, un dicionario de verbos co que todos eles poderán ser conxugados con seguridade, sen necesidade de introducirse na complexa teoría xustificatoria. A maiores, a obra ofrece tamén cuestións non puramente ortográficas ou morfolóxicas, pero sen dúbida de grande interese e consulta, como poden ser a colocación dos pronomes átonos na frase ou o nomenclátor oficial da toponimia, ou o uso de distintos signos, entre eles os de puntuación, ou a determinación de casos dubidosos de xénero. O Dicionario Ortográfico da Lingua Galega convértese no consultor ortográfico de máis alta fiabilidade no momento actual, polo que se refire ao vocabulario da nosa lingua, e no de máis doada consulta das normas ortográficas e morfolóxicas que a rexen, sen que por iso se perda nesa parte a máis mínima rigorosidade, e, en conxunto, sumados ambos capítulos, no máis completo.
Leer más

Más libros de Feixó Cid, Xosé

Más información del libro

Dicionario Ortográfico da Lingua Galega

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa dura (libros)
ISBN:
978-84-9782-420-0
EAN:
9788497824200
Nº páginas:
544
Colección:
DICIONARIOS - DICIONARIOS XERAIS
Lengua:
GALLEGO
Alto:
222 mm
Ancho:
164 mm
Sección:
DICCIONARIOS
Sub-Sección:
DICCIONARIOS GRAL
Xosé Feixó Cid (Baiona, 1957), traballa na actualidade como profesor de linguas oficiais na Universidade Popular de Vigo, despois de exercer como profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario. Filólogo especializado en lexicografía, ten publicados numerosos traballos na materia, entre os que destacan diversos dicionarios, así como varias publicacións sobre lingua, en especial dedicadas á ortografía, ao estilo e á práctica gramatical. É tamén colaborador na crítica xornalística, nomeadamente no ?Faro da Cultura?. En Xerais publicou o Dicionario Galego dos Nomes (2003), Gramática da lingua galega (2004) e Dicionario Ortográfico Galego. (2006).

Otros libros en DICCIONARIOS

También te pueden interesar