DE XENTE NOVA A BRAIS PINTO

MEMORIAS DUN AFIADOR REBELDE

Autor: Fernández Ferreiro, Xosé

Sección: HISTORIA - Biografías Históricas

DE XENTE NOVA A BRAIS PINTO

DE XENTE NOVA A BRAIS PINTO

16,15€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
01/02/2012
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memorias
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

A comezos da década de 1950 Xosé Fernández Ferreiro funda en Ourense, xunto a Víctor Campos e outros compañeiros, o efémero grupo literario Xente Nova, coa intención de «buscar camiños novos para unha Galicia sen complexos, máis aberta ó mundo e dona de si», como di o autor. En 1957, en Madrid, coñece a Méndez Ferrín e con outros traballadores …

A comezos da década de 1950 Xosé Fernández Ferreiro funda en Ourense, xunto a Víctor Campos e outros compañeiros, o efémero grupo literario Xente Nova, coa intención de «buscar camiños novos para unha Galicia sen complexos, máis aberta ó mundo e dona de si», como di o autor. En 1957, en Madrid, coñece a Méndez Ferrín e con outros traballadores e estudantes galegos crean o grupo Brais Pinto. Estes dous acontecementos enfían a narración de experiencias vitais do autor de Agosto do 36, que se converten nunha historia persoal da Galicia política e cultural da posguerra. «Brais Pinto foi un intento de poñer ó día a cultura galega nunha dirección de vangarda. Unha conxunción de intelixencias e sensibilidades que aspiraban a unha renovación total de Galicia, política, literaria e artística.» (X. L. Méndez Ferrín)
Leer más

Más libros de Fernández Ferreiro, Xosé

  • TEMPO DE CENTEO

    NO DISPONIBLE

    TEMPO DE CENTEO

    16,50€ IVA INCLUIDO

  • ULCIS

    NO DISPONIBLE

    ULCIS

    17,95€ IVA INCLUIDO

  • AGOSTO DO 36

    NO DISPONIBLE

    AGOSTO DO 36

    19,50€ IVA INCLUIDO

  • MILLO VERDE

    NO DISPONIBLE

    MILLO VERDE

    15,25€ IVA INCLUIDO

  • Os últimos fuxidos

    NO DISPONIBLE

    Os últimos fuxidos

    19,95€ IVA INCLUIDO

Más información del libro

DE XENTE NOVA A BRAIS PINTO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-347-7
EAN:
9788499143477
Nº páginas:
0
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memorias
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
HISTORIA
Sub-Sección:
Biografías Históricas
Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931 - A Coruña, 2015) traballou como xornalista en La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. A súa actividade profesional foi recoñecida co Premio Galicia de Xornalismo (1985) e coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2003). Membro do grupo literario Brais Pinto, comezou a súa andaina publicando os libros de poemas Ribeirana do Sil (1952) e A noite (1959). Como narrador publicou as seguintes novelas, a maior parte delas no catálogo de Xerais: A morte de Frank González (1975), Morrer en Castrelo do Miño (1978), A saga dun afiador (1980), A ceo aberto (1981), Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981), Reportaxe cósmico (1983), A fraga dos paxaros salvaxes (1985), O minotauro (1989), Agosto do 36 (1991, Premio Xerais de Novela, traducida ao castelán por Alianza Editorial), A cidade das chuvias (1994), O atentado (1999, Premio Losada Diéguez), O último paraíso (2001), Millo verde (2002), Os últimos fuxidos (2004), e Tempo de centeo (2009). Ademais, publicou o libro de relatos Co medo nas mans (1996) e o relato infantil O conto da boa e da mala pipa (1996). De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde (Xerais, 2012) recolle as súas inquietudes mozas.

Otros libros en HISTORIA

También te pueden interesar