RAQUEL TEN MEDO

RAQUEL TEN MEDO

Autor: FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 9 años

RAQUEL TEN MEDO

RAQUEL TEN MEDO

6,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
25/06/2004
Colección:
INFANTIL E XUVENIL. PASENIÑO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Cada vez que cre ver un monstro, Raquel esperta a súa irmán Tina. A nova colección ?Paseniño? de Xerais, destinada aos primeiros lectores, ten como obxectivo que os nenos e as nenas melloren o proceso de aprendizaxe da lectura, que adquiran o hábito lector e que, ademais, se divirtan cos libros. Para isto, os contos combinan un dobre nivel de …

Cada vez que cre ver un monstro, Raquel esperta a súa irmán Tina. A nova colección ?Paseniño? de Xerais, destinada aos primeiros lectores, ten como obxectivo que os nenos e as nenas melloren o proceso de aprendizaxe da lectura, que adquiran o hábito lector e que, ademais, se divirtan cos libros. Para isto, os contos combinan un dobre nivel de lectura, textual e gráfico, que permite ao novo director adquirir autonomía a través do texto e das ilustracións. Os textos son breves, xeralmente dunha soa frase en cada páxina, e preséntanse dobremente, en letra manuscrita e en maiúscula, de xeito que os nenos e nenas poden optar pola modalidade na que empezaron a adquirir o proceso lector. As páxinas impares teñen unha ilsutración a toda cor, e nas páxinas pares, ademais do texto, hai tamén un debuxo que cobra animación se pasamos as páxinas de corrido. A calidade gráfica e literaria está garantida. Colaboraron nesta colección destacados ilustradores e escritores como Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xan López Domínguez, Marina Seoane, Mariasun Landa, Vicente Muñoz Puelles, Gabriel Janer Manila, entre unha longa nómina.
Leer más

Más libros de FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN

Todos los libros de FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN

Más información del libro

RAQUEL TEN MEDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-9782-156-8
EAN:
9788497821568
Nº páginas:
24
Colección:
INFANTIL E XUVENIL. PASENIÑO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
19 mm
Ancho:
17 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 9 años
Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 - Vigo, 2016) é unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Profesor e escritor, desenvolveu unha ampla obra narrativa, na súa maior parte publicada por Edicións Xerais de Galicia, traducida e recoñecida cos máis importantes premios. Deuse a coñecer en 1989 co libro de contos " A cidade dos desexos " , o primeiro na colección Merlín de literatura infantil, da que foi fundador e codirector, ao que seguiron " As flores radioactivas " (1990), novela, Premio Merlín 1989; " Contos por palabras " (1991), relatos, Premio Lazarillo 1990, Lista de Honra do IBBY 1992, seleccionado entre a centena de títulos considerados como os mellores da literatura infantil do século XX; " Rapazas " (1993), relatos; " Trece anos de Branca " (1994), novela, Premio Edebé de literatura xuvenil 1994; " Cartas de inverno " (1995, 2016), novela, Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil; " Amor dos quince anos, Marilyn " (1995), novela; " O centro do labirinto " (1997), novela; " O laboratorio do doutor Nogueira " (1998); " Cos pés no aire " (1999), novela, Premio Raíña Lupa; " Aire negro " (2000), novela, Lista de Honra do IBBY 2002, Lista The White Ravens 2004 e Premio Protagonista Jove 2001; " No corazón do bosque " (2001), novela; " Un tren cargado de misterios " (2001), conto; " Noite de voraces sombras " (2002), novela; " A praia da esperanza " (2003), conto; " O meu nome é Skywalker " (2003), novela, Premio Barco de Vapor; " Tres pasos polo misterio " (2004), relatos; " Fantasmas no corredor " (2005), conto; " Corredores de sombra " (2006), novela, Premio Frei Martín Sarmiento; " O único que queda é o amor " (2007), relatos, Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil, Premio Neira Vilas da AGE, Premio da AELG, Premio Frei Martín Sarmiento; " Lúa do Senegal " (2009), novela, Premio da AELG; " Valados " (2009), conto; " Non hai noite tan longa " (2011), novela, Premio Ánxel Casal 201

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar