A MEMORIA DE CAMBADOS

A memoria de Cambados

Autor: FERNANDEZ REI, FRANCISCO (AUTOR/A)""

Sección: HISTORIA - Biografías Históricas

A MEMORIA DE CAMBADOS

A MEMORIA DE CAMBADOS

37,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
19/07/2005
Colección:
GRANDES OBRAS. ÁLBUMS DE POSTAIS
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Carlos Diáz Martínez recolleu no presente volume oitenta documentos, a maior parte deles tarxetas postais publicadas entre 1900 e 1930, que permiten a recuperación da memoria gráfica do concello de Cambados. Testemuños de grande calidade na fotografía e na impresión que facilitan un percorrido polo variado patrimonio histórico e monumental desta vila mariñeira, dende o magnífico pazo barroco de Fefiñáns …

Carlos Diáz Martínez recolleu no presente volume oitenta documentos, a maior parte deles tarxetas postais publicadas entre 1900 e 1930, que permiten a recuperación da memoria gráfica do concello de Cambados. Testemuños de grande calidade na fotografía e na impresión que facilitan un percorrido polo variado patrimonio histórico e monumental desta vila mariñeira, dende o magnífico pazo barroco de Fefiñáns e a praza do Mercado, o entorno da praza da igrexa de Santa Mariña de Ozo, a praza do Concello, o paseo da Calzada, o pazo de Montesacro, o peirao de San Tomé, ata os labores mariñeiros nos peiraos. Percorrido visual que se completa coa reprodución de imaxes do entorno vilego, como o mosteiro de Meis, os muíños de Tragove, a Ponte Arnelas ou diversas paisaxes sobre a ría. O volume iníciase co ensaio, ?A memoria daquel Cambados mariñeiro, fidalgo e soñador?, escrito polo académico Francisco Fernández Rei. Testemuño que reconstrúe a historia desta fermosa vila deitada ao sol, inzada de referencias literarias a Fermín Bouza Brey ou Ramón Cabanillas, entre outros. Velaí un percorrido exhaustivo, enchido de memoria familiar e erudita polo Cambados fidalgo e eclesiástico, polo Cambados ostreiro, polo Cambados mariñeiro, polo Cambados culto e soñador, polo Cambados da ?primavera do 36? e polo posterior da ?tráxica falta de luz?. O volume complétase coa catalogación das pezas documentais e coa reprodución dos poemas ?Diante do mar de Cambados? de Fermín Bouza Brey e ?A Calzada de Cambados? de Ramón Cabanillas.
Leer más

Más información del libro

A MEMORIA DE CAMBADOS

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-9782-326-5
EAN:
9788497823265
Nº páginas:
96
Colección:
GRANDES OBRAS. ÁLBUMS DE POSTAIS
Lengua:
GALLEGO
Alto:
265 mm
Ancho:
215 mm
Sección:
HISTORIA
Sub-Sección:
Biografías Históricas
Carlos Díaz Martínez (A Coruña, 1951), emigrante en Suiza (1962-1987) onde cursou estudios do Bacharelato francés (mención lingua e literatura) e de socioloxía na Universidade de Xenevra coa Diplomatura en Animación Socio-cultural. Nos anos de emigración colaboura en múltiples actividades culturais e políticas galegas: asociacións, partidos, revistas, radio, edición... Dende o seu retorno a Galicia (1988) participa en numerosas iniciativas no eido da edición (A Nosa Terra, Espiral Maior, Artesa, Xerais) , sempre dende a preocupación pola recuperación e difusión do patrimonio gráfico e documental galego. Autor de colaboracións diversas no eido do xornalismo en revistas e xornais de Galicia e de coordinación de publicacións do noso patrimonio fotográfico (A Opinión de A Coruña). En colaboración con outros autores ten publicado ""Xesús Ferro Couselo"", ""Fouce: Etapa da Clandestinidade"" e ""A semente do 72, a forza da nosa clase"". Colaborador na organización de diversas exposicións históricas ou artísticas e comisario de: ""Galicia fora de Galicia"", ""Culturas no Camiño Xacobeo"", ""Masonería Universal. Familia Galega"", ""Manuel Facal. 25 anos de obra gráfica"". Como diseñador-editor de arte gráfica coordina produccións Culturais Artesa e a publicación de carpetas de obra gráfica de autores e artistas galegos dende o ano 1992 coa proposta actual dun catálogo de 10 libros de bibliofilia de arte. Dende 1995 colaboura con Edicións Xerais de Galicia das coleccións de libros ""A memoria de..."" e na proposta de diversas publicacións e actividades da editorial. O seu último libro e ``A Coruña por Pedro Ferrer´´ (Xerais 2005).

Otros libros en HISTORIA

También te pueden interesar