LOIS PEREIRO. BREVE ENCONTRO

UN ACHEGAMENTO COMIQUEIRO Á BIOGRAFÍA E Á OBRA DO POETA

Autor: Fernández Serrano, Jacobo

Sección: CÓMICS E ILUSTRADOS - COMICS GRAL

LOIS PEREIRO. BREVE ENCONTRO

LOIS PEREIRO. BREVE ENCONTRO

15,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
06/06/2011
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - Novela gráfica
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011. Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino. Dende …

Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011. Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino. Dende o seu nacemento na vila de de néboa e trens, pasando polos días de descubrimento da adolescencia, as primeiras loias en Madrid, o envelenamento e doenza posterior provocado pola colza, as viaxes europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do primeiro libro, os días da conversa ultramarina e da modesta proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade. A novela inclúe ademáis a edición gráfica dalgúns dos textos máis emblemáticos do poeta, así como as visións do creador arredor da súa figura. Como sinalou Manuel Rivas, esta novela gráfica " non trata de condecorar a Lois nin de poñelo nun pedestal. Trata de facelo reexistir, de andar por aquí de novo " .
Leer más

Más libros de Fernández Serrano, Jacobo

Todos los libros de Fernández Serrano, Jacobo

Más información del libro

LOIS PEREIRO. BREVE ENCONTRO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-251-7
EAN:
9788499142517
Nº páginas:
160
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - Novela gráfica
Lengua:
GALLEGO
Alto:
245 mm
Ancho:
175 mm
Sección:
CÓMICS E ILUSTRADOS
Sub-Sección:
COMICS GRAL
Jacobo Fernández Serrano (Vigo 1971) é licenciado en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade Complutense. Ilustrador, pintor, debuxante e comiqueiro, como autor de literatura infantil publicou na colección Merlín de Xerais os libros ?A gardería de dona Bixelmina? (2005), ?A pedra e as formigas? (2006), ?Mil cousas poden pasar. Libro I? (2009), premio Merlín de literatura infantil e ?Mil cousas poden pasar. Libro 2? (2011). Iniciouse na ilustración de libros de literatura infantil en Xerais con ?As aventuras de Nunavut? de Xoán Abeleira, serie da que publicou catro libros: ?O nacemento de Nunavut? (2003), ?Un día de caza? (2003), ?Sedna, a deusa do mar? (2004) e ?O caribú namorado? (2005); ao que seguriron outros traballos para diversas editoriais. Ademais de traballos de ilustración de libros de texto, dicionarios, guías de natureza, carteis ou ilustracións para televisión, etc. É, tamén, autor da serie de banda deseñada ?Os amigos de Archimboldo Roque?, publicada na revista ?Golfiño? (2000 a 2004) e recollida no volume homónimo publicado por Faktoría K (2008). Tras realizar este personaxe converteuse en colaborador da publicación periódica ?Dos Veces Breve?, así como da segunda época da revista ?BD Banda?, na que desenvolve a serie titulada ?Animais pantasma?. Co álbum de cómic ?Aventuras de Cacauequi? (2007), obtivo o premio Castelao da Deputación da Coruña de Banda Deseñada, e a nominación ao Premio Expocómic 2008 de Madrid e do Salón do Cómic de Barcelona, no apartado de autor español revelación. É autor da serie de cómic para os primeiros lectores ?Marcopola. A illa Remeira? ?Lois Pereiro. Breve encontro? (Xerais, 2011) é a súa primeira novela gráfica. Mantén abertos dous blogs, onde publica adianto das súas ilustracións e traballos: http://jacobofernandezserrano.blogspot.com/http://osamigosdearchimboldoroque.blogspot.com/http://milcousas.wordpress.com/

Otros libros en CÓMICS E ILUSTRADOS

También te pueden interesar