LONGA NOITE DE PEDRA

LONGA NOITE DE PEDRA

Autor: FERREIRO, CELSO EMILIO

Sección: POESÍA - POESÍA GRAL

LONGA NOITE DE PEDRA

LONGA NOITE DE PEDRA

14,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
09/09/2021
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Longa noite de pedra (1962) é unha das obras claves para entender a nosa literatura contemporánea: libro emblemático e referencia obrigada de toda unha época e de hoxe. Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) acada nestas páxinas algúns dos seus momentos máis intensos, brillantes e conmovedores. A eficacia da comunicación poética, a forza da súa palabra, a autenticidade do sentimento …

Longa noite de pedra (1962) é unha das obras claves para entender a nosa literatura contemporánea: libro emblemático e referencia obrigada de toda unha época e de hoxe. Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) acada nestas páxinas algúns dos seus momentos máis intensos, brillantes e conmovedores. A eficacia da comunicación poética, a forza da súa palabra, a autenticidade do sentimento e a procura en cada caso da expresión máis directa e sentida para o corazón humano fan que estes poemas atesouren un valor universal e, á vez, sexan unha crónica intransferible dun tempo decisivo.
Leer más

Más libros de FERREIRO, CELSO EMILIO

Todos los libros de FERREIRO, CELSO EMILIO

Más información del libro

LONGA NOITE DE PEDRA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-937-8
EAN:
9788491219378
Nº páginas:
216
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
150 mm
Sección:
POESÍA
Sub-Sección:
POESÍA GRAL
Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) iniciou desde moi novo unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo compromiso co país. Cando estalou a guerra, foi obrigado a se incorporar ao exército franquista, condenado a morte e posteriormente indultado. En 1948 fundou en Pontevedra a colección Benito Soto. Establecido en Vigo desde 1949, publicou "O soño sulagado" (1954, Xerais 1991) e dirixiu a colección de poesía Salnés, onde saíu "Longa noite de pedra" (1962, Xerais 1990, Xerais 2002). O impacto desta obra foi enorme, esgotada e multicopiada de man en man. Celso Emilio pasou a ser o símbolo da corrente socialrealista. En 1966 marchou a Caracas, onde se enfrontou co sector máis reaccionario da colectividade galega, contra o que escribiu "Viaxe ao País dos Ananos" (1968, Xerais 2004), poemario co que inicia un rexistro satírico que continuará en "Cantigas de escarnio e maldicir" (1968), no romance de cego "Paco Pixiñas" (1970), en "Os autentes" (1973) e mais en "Antipoemas" (1972). En 1973 instalouse en Madrid. Son desta época os poemarios "Cimenterio privado" (1973), "Onde o mundo se chama Celanova" (1975, Xerais 1991) e o "Libro dos homenaxes" (1979). Como narrador publicou dous únicos libros: "A fronteira infinda" (1972, Xerais 1988) e "A taberna do galo" (1978). Con motivo do vinte e cinco aniversario do seu pasamento, Xerais iniciou a edición das súas obras completas, das que se levan publicado os volumes "Obra narrativa" (Xerais 2003), "Poesía galega completa" (Xerais 2004), "Semblanzas, crónicas e artigos" (Xerais 2005) e, agora, "Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939)" (Xerais 2020).

Otros libros en POESÍA