Criaturiña

Criaturiña

Autor: Fraga, Antonio M.

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - Juegos,Manualidades,Humor y Adivina

Criaturiña

Criaturiña

12,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
01/04/2026
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Ulises, un neno que adora a rutina e soña cunha vida tranquila, recibe un estraño ovo da súa tía Artemisa. Por outra parte, Francisco Bestilleiro, coñecido como o Efebeí, aspira a ser o mellor policía da vila, aínda que as súas misións sempre acaban en desastre total. Cando, na Noiteboa, do ovo sae unha criaturiña tan doce como perigosa, todo …

Ulises, un neno que adora a rutina e soña cunha vida tranquila, recibe un estraño ovo da súa tía Artemisa. Por outra parte, Francisco Bestilleiro, coñecido como o Efebeí, aspira a ser o mellor policía da vila, aínda que as súas misións sempre acaban en desastre total. Cando, na Noiteboa, do ovo sae unha criaturiña tan doce como perigosa, todo se complica: vampiros, cans desaparecidos, persecucións de Papá Noel e trufas de bacallau que poden cambiar o destino das persoas. Entre cartas, malentendidos e moito humor, Ulises e o Efebeí, xunto coa resabida Sabina, deberán resolver un misterio que mestura o absurdo co extraordinario. Unha aventura trepidante para rir a esgalla.

Leer más

Más libros de Fraga, Antonio M.

Más información del libro

Criaturiña

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Libro Otros
ISBN:
978-84-1110-803-4
EAN:
9788411108034
Nº páginas:
152
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos
Lengua:
GALLEGO
Alto:
19 mm
Ancho:
14 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
Juegos,Manualidades,Humor y Adivina
Antonio M. Fraga (Nogueirosa, Pontedeume), é escritor e enxeñeiro técnico industrial. Comeza a súa andaina como narrador en 2013, ano en que acada o Premio Merlín de Literatura infantil con «O Castañeiro de Abril». Posteriormente publicou en Xerais «Tártarus» (2016), na colección Fóra de Xogo, «Escaquis e Romeu» (2018), na colección Sopa de Libros e «Papá Caníbal» (2021) e «Criaturiña» (2026), na colección Merlín. En 2018 obtén o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil por «O bestiario científico de Anxos Nogueirosa», título polo que acadou o premio da Gala do Libro Galego 2019 á mellor obra xuvenil e que foi incluído na Lista de Honra IBBY do ano 2022 (Xerais, 2025). En 2020 gaña o Premio Jules Verne de literatura xuvenil con «santoamaro», novela seleccionada na lista White Ravens de 2021 elaborada pola Internationale Jugendbibliothek de Múnic e que tamén foi distinguida co Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Xuvenil do ano 2021. Con «Askja» (Xerais, 2025) conseguiu o Premio Literario Pinto e Maragota, que ten como finalidade eliminar os prexuízos e as invisibilidades que afectan a diversidade sexual e de xénero. Fotografía do autor: Olaia Sendón.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar