NUS

NUS

Autor: GAGO, MANUEL

Sección: NARRATIVA - Novela General

NUS

NUS

20,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
11/03/2021
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Na madurez, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, mantén unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diario as súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: o sexo, as grandes mentiras familiares, os trens que se foron perdendo. Móvese con cinismo e incredulidade no convulso ambiente político da Galicia do posfranquismo; a súa …

Na madurez, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, mantén unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diario as súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: o sexo, as grandes mentiras familiares, os trens que se foron perdendo. Móvese con cinismo e incredulidade no convulso ambiente político da Galicia do posfranquismo; a súa conciencia social remata no seu propio corpo e o das mulleres coas cales aprende a descubrilo. Ou iso nos quere facer crer. Ata que Toño e os seus amigos chegan á solitaria praia de Calabarda, un paraíso aberto ao océano onde se pode ser libre dun xeito novo: sen roupa. Nun extremo da praia, os arqueólogos descobren un castro ancestral. Noutro, os veciños soñan con leiras de millo en que agromen os chalés. E no medio, Toño únese a unha grea de nudistas dispostos a todo para manteren os seus coiros ao sol. Manuel Gago ofrécenos en «Nus» un retrato irónico e irreverente da contraditoria Galicia de comezos da década de 1980 a través das aventuras sexuais dun crápula tan cínico como tenro.
Leer más

Más libros de GAGO, MANUEL

Todos los libros de GAGO, MANUEL

Más información del libro

NUS

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-821-0
EAN:
9788491218210
Nº páginas:
416
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
230 mm
Ancho:
155 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Manuel Gago (Palmeira, Ribeira, 1976) é vilego, da Pobra do Caramiñal. Dirixe «culturagalega.gal», a plataforma de divulgación do Consello da Cultura Galega, e é profesor de Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela. Como divulgador científico e histórico, leva promovido numerosos proxectos de posta en valor do patrimonio cultural e comisariado exposicións nas cales explora a confluencia entre cultura e tecnoloxía. Ensaísta e narrador, publicou «Herdeiros pola forza. Poder, patrimonio cultural e sociedade na Galicia do século XXI» e os libros de ficción «Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia» (Xerais, 2013, 2015), «O anxo negro» (Xerais, 2016), «O exército de fume» (Xerais, 2018) e «Nus» (Xerais, 2021). Mantén o blog «Capítulo Cero» (www.capitulocero.org). (Foto do autor: Sole Felloza)

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar