Dragal I

A HERDANZA DO DRAGÓN

Autor: GALLEGO ABAD, ELENA

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 13 años

Dragal I

Dragal I

13,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
21/04/2010
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? …

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás. Elena Gallego Abad debuta na narrativa galega cunha primeira novela, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009, coa que se inicia, ademais, unha futura triloxía baixo o título de " Dragal " , o dragón galego.
Leer más

Más libros de GALLEGO ABAD, ELENA

Más información del libro

Dragal I

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-134-3
EAN:
9788499141343
Nº páginas:
264
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
130 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 13 años
Elena Gallego Abad (Teruel 1969) é escritora e xornalista cunha ampla traxectoria profesional, ligada a diversos medios de prensa e radio galegos. Membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e da Federación Internacional de Periodistas (FIP), recibiu o Premio Xosé Aurelio Carracedo de xornalismo 1998, no seu apartado de medios audiovisuais. Deuse a coñecer como narradora coa saga xuvenil Dragal, publicada por Xerais, que se iniciou con " Dragal I. A herdanza do dragón " (2010), finalista do IV Premio Fundación Caixagalicia de literatura xuvenil en 2009 e premio Frei Martín Sarmiento 2012; continuada por " Dragal II. A metamorfose do dragón " (2011); " Dragal III. A fraternidade do dragón " (2012) e " Dragal IV. A estirpe do dragón " (2015). Despois da novela policial " Sete Caveiras " (Xerais, 2014), con " O Xogo de Babel " Elena Gallego Abad explora outro xénero da literatura para adultos.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar