Galería de saldos

GALERÍA DE SALDOS

Autor: Giráldez, Diego

Sección: NARRATIVA - Novela General

Galería de saldos

Galería de saldos

19,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
09/06/2016
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

En cada un dos relatos de Galería de saldos mestúranse as vidas de personaxes cotiáns, protagonistas de calquera crónica de actualidade, con obras de arte orixinais ou reproducións baratas. Un mondrian nun edredón, un maruja mallo nunha bolsa de pan. A arte, igual que as traxectorias dos que fracasan, tamén pode quedar fóra de contexto. É doado identificarse con calquera …

En cada un dos relatos de Galería de saldos mestúranse as vidas de personaxes cotiáns, protagonistas de calquera crónica de actualidade, con obras de arte orixinais ou reproducións baratas. Un mondrian nun edredón, un maruja mallo nunha bolsa de pan. A arte, igual que as traxectorias dos que fracasan, tamén pode quedar fóra de contexto. É doado identificarse con calquera dos personaxes do libro porque están aí, na sección de sucesos dun xornal, sentados no bar de sempre. Son superviventes dunha crise que os obriga a crer que teñen mala sorte. Caen enfermos. Padecen desamor, violencia e frustracións. Galería de saldos é unha homenaxe aos antiheroes en bata de casa. Escrito con importantes doses de ironía e a franqueza máis cruenta, neste libro non hai oco para a fantasía, unicamente para unha realidade que doe. As vidas dos personaxes son coma pezas da mostra dunha galería en rebaixas tan só visitada pola persoa encargada da limpeza.
Leer más

Más libros de Giráldez, Diego

Más información del libro

Galería de saldos

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-053-5
EAN:
9788491210535
Nº páginas:
168
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Diego Giráldez (O Porriño, 1976). Licenciado en Historia da Arte, exerceu o xornalismo en distintos medios escritos e dixitais. Durante cinco anos traballou na redacción do xornal A Peneira dirixindo unha das súas cabeceiras comarcais e coordinando o seu suplemento cultural, «Kalaikia». Ao tempo, colaboraba como columnista de opinión cos xornais A Nosa Terra e Xornal de Galicia e a través de reportaxes culturais coa edición galega de El País. Na actualidade escribe no diario Praza Pública ¬?forma parte do seu consello de redacción? e na revista Luzes. Ten varios libros publicados (poesía, arquitectura, historia?), fundou e dirixiu a revista Malladoura e hoxe en día dirixe o CanZine, publicación oficial do Festival de Cans. En 2010 recibiu o Premio Literario José Saramago de relato curto. En 2011, no Porriño, concedéronlle o Premio Círculo Cultura. En 2015 fíxose co primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo. Foto do autor: @Janite

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar