Parchís

Autor: GIRON, MARIA

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - Libros ilustrados

Parchís

Parchís

17,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
KALANDRAKA
Publicación:
01/01/2026
Colección:
Demademora
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Un libro que celebra a amizade e o pracer de compartir.  Unha radiante mañá de inverno, Gata pensou que sería un día perfecto para tomar unha cunca de leite quente e decidiu ir á casa dos seus amigos para compartila con eles. Coella ofreceu un biscoito acabado de facer e Parrulo propuxo tocar o ukelele a carón do lume, pero ao chegar á …

Un libro que celebra a amizade e o pracer de compartir. 

Unha radiante mañá de inverno, Gata pensou que sería un día perfecto para tomar unha cunca de leite quente e decidiu ir á casa dos seus amigos para compartila con eles. Coella ofreceu un biscoito acabado de facer e Parrulo propuxo tocar o ukelele a carón do lume, pero ao chegar á casa de Teixugo... alí non había ninguén. Saíra había xa un bo anaco, gardando na súa bolsa un taboleiro de parchís.

Tras Cinco ratiños, Maria Girón, gañadora do XVII Premio Internacional Compostela por Bim Bam Bum, volve utilizar os recursos do conto de tradición oral para sorprendernos cunha historia tenra, enxeñosa e divertida sobre a amizade e o pracer de compartir as pequenas cousas. 

As ilustracións, luminosas e cheas dun colorido que resalta sobre o branco da neve, xogan co amarelo, co vermello, co verde e co azul das pezas de roupa dos personaxes e dos seus fogares, nunha chiscadela ao clásico xogo de mesa. Precisamente, este álbum inclúe como elemento adicional un taboleiro de parchís deseñado pola autora para seguir gozando do libro máis alá da lectura.

Leer más

Más libros de GIRON, MARIA

Todos los libros de GIRON, MARIA

Más información del libro

Parchís

Editorial:
KALANDRAKA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa dura (libros)
ISBN:
978-84-1343-429-2
EAN:
9788413434292
Nº páginas:
36
Colección:
Demademora
Lengua:
GALLEGO
Alto:
24 mm
Ancho:
24 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
Libros ilustrados
Estudou Belas Artes na Universidade de Barcelona, completou a súa formación en Boloña e Sevilla e, de volta en Barcelona, especializouse en ilustración na Escola Llotja. Ilustrou numerosos libros, traducidos a distintas linguas. En 2010 foi seleccionada pola Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña para participar nunha exposición colectiva sobre Gianni Rodari. Nesta mesma feira volveu formar parte en 2017 doutra mostra dedicada á cultura catalá. En 2024 foi galardoada co Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado pola obra Bim Bam Bum.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar