Orión e os animais magos

ORIÓN E OS ANIMAIS MAGOS

Autor: Gisbert, Joan Manuel

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 9 años

Orión e os animais magos

Orión e os animais magos

7,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
06/05/2003
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - De 8 anos en
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Orión nunca se separa do seu dono Isidro, un músico ambulante que tocaba o acordeón na praza da torre do reloxo. Orión era un can pequeneiro, de cor castaña clara e raza indefinida, un can de palleiro de mirada moi amigable. Un día malfadado, cando Isidro estaba tocando unha das súas pezas máis ledas, fallou unha nota e os seus …

Orión nunca se separa do seu dono Isidro, un músico ambulante que tocaba o acordeón na praza da torre do reloxo. Orión era un can pequeneiro, de cor castaña clara e raza indefinida, un can de palleiro de mirada moi amigable. Un día malfadado, cando Isidro estaba tocando unha das súas pezas máis ledas, fallou unha nota e os seus brazos estricáronse de maneira estraña. O vello acordeonista quedou estomballado no chan e tivo que ser internado nun hospital. Orión viuse obrigado a fuxir da cidade, cruzando por pasos subterráneos e pontes por riba das autovías, para non acabar encerrado na canceira. Na fraga, atopará unha misteriosa caixa con gravados chineses nunha cova, e comprobará que os animais que alí viven senten tamén moita curiosidade por saber qué contén. Ningún deles é quen de imaxinar as cousas tan abraiantes que empezarán a ocorrer na fraga... " Orión e os animais magos " do catalán Joán Manuel Gisbert é unha novela protagonizada por personaxes animais que falan con palabras humanas e protagonizan escenas intensas e emocionantes. Como en obras anteriores de Gisbert, nesta deliciosa novela van aparecendo aos poucos enigmas e misterios que se van dilucidando ao longo da historia; acontecementos que contarán coa presenzaa, en moitos momentos, do marabilloso e do inexplicable, máis en concreto, feitos relacionados coa maxia escénica e as artes do ilusionismo. Fantasía e misterio mestúranse nunha obra, ilustrada de xeito realista por Francisco Solé, que con toda naturalidade e mediante unha linguaxe sinxela e precisa é quen de situar ao lector nun mundo onde os animais falan, maquinan e senten.
Leer más

Más libros de Gisbert, Joan Manuel

Todos los libros de Gisbert, Joan Manuel

Más información del libro

Orión e os animais magos

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-8302-217-7
EAN:
9788483022177
Nº páginas:
136
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - De 8 anos en
Lengua:
GALLEGO
Alto:
200 mm
Ancho:
131 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 9 años
Joan Manuel Gisbert (Barcelona, 1949). En palabras da profesora Lola Mascarell, «Hai un mundo vivido e un mundo pensado que se nutre do vivido, e un mundo vivido que adquire a súa plenitude cando incorpora os achados do mundo pensado. A obra de Joan Manuel Gisbert sitúase nese interregno, no intervalo máxico no que conflúen, con harmonía espléndida, o soño e a vixilia». Gisbert é un dos máis prestixiosos escritores da narrativa fantástica, de misterio e de aventuras. As súas obras móvense en zonas enigmáticas da realidade, e adoitan estar inspiradas pola busca do que está máis alá dos límites da experiencia cotiá. Nas súas páxinas desenvolve historias sempre cheas de atractivo sen descoidar nunca a riqueza da linguaxe. Autor traducido a vinte linguas, recibiu importantes premios literarios como o da CCEI, o Lazarillo, o da Crítica, o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, o Gran Angular, o Barco de Vapor ?en dúas ocasións?, o Edebé, o Cervantes Chico e o Sorcières (Francia), entre outros.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar