HISTORIAS DE VIGO

HISTORIAS DE VIGO

Autor: LAMAS, JORGE

Sección: HISTORIA - HISTORIA GRAL

HISTORIAS DE VIGO

HISTORIAS DE VIGO

21,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
03/05/2018
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memorias
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Máis de douscentos mil anos de ocupación nesta beira do Atlántico dan para moitas historias que nalgúns casos teñen nomes e apelidos. Aínda así non son poucos os vigueses que descoñecen o seu pasado e as orixes dalgúns dos seus símbolos de identidade. «Historias de Vigo» pretende ser unha sinxela e amena guía para percorrer eses espazos que o vertixinoso …

Máis de douscentos mil anos de ocupación nesta beira do Atlántico dan para moitas historias que nalgúns casos teñen nomes e apelidos. Aínda así non son poucos os vigueses que descoñecen o seu pasado e as orixes dalgúns dos seus símbolos de identidade. «Historias de Vigo» pretende ser unha sinxela e amena guía para percorrer eses espazos que o vertixinoso crecemento desta cidade foi deixando no esquecemento coma unha peaxe do progreso. Nesta viaxe pola «viguesidade», o lector estará acompañado por voces expertas e tamén por protagonistas dos acontecementos que verán de axudalo a introducirse nos fitos, na simboloxía local e chegar a algúns dos persoeiros máis interesantes deste recuncho atlántico. É por iso que a narración non pretende ser académica, senón directa e co menor número de voltas posible. Moitos destes acontecementos axudan a comprender mellor a propia actualidade. Como pode acontecer dentro de moi pouco, os vigueses xa saben o que é ir a Madrid pola estrada de Santiago, ou eliminar horas de traxecto en tren indo por Portugal á capital de España. Aínda vai ser certo iso de que a historia sempre se repite!
Leer más

Más libros de LAMAS, JORGE

Más información del libro

HISTORIAS DE VIGO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-381-9
EAN:
9788491213819
Nº páginas:
376
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memorias
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
150 mm
Sección:
HISTORIA
Sub-Sección:
HISTORIA GRAL
Jorge Lamas Dono (Vigo, 1962) é xornalista na edición de Vigo de «La Voz de Galicia». Con anterioridade traballou nas emisoras do Grupo Voz. Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Historia Moderna. Hai máis de dez anos era responsable no xornal da sección «Eran otros tiempos», onde se repasaban algúns feitos do pasado na vida de Vigo dun xeito novelado. Na actualidade é membro do Instituto de Estudos Vigueses e publica semanalmente un post sobre historias de Vigo no seu blog «Del Berbés hacia arriba» (http://lamasdono.blogspot.com.es/). Coincidindo coa celebración do bicentenario da consecución do título de «cidade» para Vigo, participou na publicación «Vigo Bicentenaria. Da Reconquista aos retos do século XXI», na cal se recollen os principais fitos dos douscentos anos cidadáns. Dende hai cinco anos, publica artigos no «Glaucopis», boletín anual do Instituto de Estudos Vigueses. Foto da capa: «Mariñeiros portando o escudo de Vigo», obra de Camilo Nogueira situada no parque do Castro. Fotografía de Manuel G. Vicente.

Otros libros en HISTORIA

También te pueden interesar