COSTA DO SOLPOR

COSTA DO SOLPOR

Autor: Lema, Xosé Mª

Sección: NARRATIVA - Novela General

COSTA DO SOLPOR

COSTA DO SOLPOR

24,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
11/01/2013
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Unha novela de aventuras de mar e de terra con batallas navais, abordaxes, tétricas escenas de terror e tenras de amor, senlleiros personaxes lendarios e reais ?un náufrago desmemoriado, un crego sabio e revolucionario, un fidalgo reformista...? e unha vila maldita que conforman a iconografía histórica da galega Costa do Solpor. A novela está ambientada na Galicia rural e urbana …

Unha novela de aventuras de mar e de terra con batallas navais, abordaxes, tétricas escenas de terror e tenras de amor, senlleiros personaxes lendarios e reais ?un náufrago desmemoriado, un crego sabio e revolucionario, un fidalgo reformista...? e unha vila maldita que conforman a iconografía histórica da galega Costa do Solpor. A novela está ambientada na Galicia rural e urbana de mediados do século XVIII, facéndonos partícipes das angueiras da vida cotiá daqueles anos. Costa do Solpor comeza cun manuscrito onde un descoñecido escritor en lingua inglesa de finais do século XIX narra as peripecias da viaxe de volta dunha misteriosa goleta inglesa cargada cun fabuloso tesouro. Tras unha cruenta loita cuns piratas nunha illa atlántica, a goleta regresa ao punto de partida, o porto de Bristol, pero unha tormenta obrígaa a buscar refuxio nunha ría da Costa do Solpor. Un membro da Confraría da Man Morta, decatándose da importancia da carga, marcha a uña de cabalo á cidade da Coruña e avisa o capitán dun bergantín pirata fondeado cun nome de conveniencia neste porto. O bergantín sairá ao encontro da goleta coa intención de lle incautar o tesouro. Logo da abordaxe, o grumete da goleta logra salvarse gañando a costa a nado. Os piratas perseguirano a morte pero o rapaz inglés farase amigo dun mozo e dunha moza da beiramar e tratarán, xuntos, de liberar a goleta e salvar os seus tripulantes dunha morte certa. Costa do Solpor foi finalista do Premio Xerais de Novela 2011.
Leer más

Más libros de Lema, Xosé Mª

Más información del libro

COSTA DO SOLPOR

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-478-8
EAN:
9788499144788
Nº páginas:
664
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Xosé Mª Lema Suárez (Bamiro-Vimianzo 1950) é doutor en Historia de Arte e foi catedrático de ensino secundario. Membro correspondente da RAG (2002), é autor de publicacións de temática diversa (historia, historia da arte, etnografía, lexicografía e onomástica) en forma de artigos en revistas, prensa e en libros coma: «Bamiro. Un estudio do hábitat rural galego» (1977, Pedrón de Ouro de Etnografía 1976); «Lingua Galega 1º (FP-1)» (1982); «Historia do C.D. Baio e da Liga da Costa» (1989); «A Arte Relixiosa na Terra de Soneira» (Premio Losada Diéguez de Investigación 1993); «Un novo documento de D. Juan Antonio Posse: a ?Plática Tercera (1838)?» (1998). En solitario ou en colaboración publicou: «O castelo de Vimianzo e os Moscoso de Altamira» (1998), «Arquitectura megalítica da Costa da Morte» (1999), «Os mellores pazos da Costa da Morte» (2001), «Os faros da Costa da Morte» (2001), «O conxunto etnográfico dos batáns e muíños do Mosquetín» (2007), «Onomástica histórica dunha parroquia galega: ?Berdoias (1607-2000)?» (2006), «O hórreo atlántico ou fisterrán» (2010), «A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte» (Xerais, 2010), «Iconografía xacobea nas igrexas e santuarios da Costa da Morte» (2011), «Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte» (2012). É coautor dos dicionarios de Edicións Xerais de Galicia: «Dicionario Xerais da Lingua» (1985), «Pequeno Dicionario Xerais» (1989), «Gran Dicionario Xerais» (2000) e do «Diccionario dos Nomes Galegos» (1992), dirixido por Ferro Ruibal. Foi recoñecido co Premio Reimóndez Portela 2010 por varios artigos a prol da lingua galega. Como narrador publicou «Costa do Solpor (Xerais Narrativa 2013), Premio da Crítica Galicia de creación literaria 2014, e «Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro» (Xerais Fóra de Xogo 2017).

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar