A GALICIA URBANA
A GALICIA URBANA
Autor: Lois, Rubén C.
Sección: ARQUITECTURA - Técnicas arquitec. e Interiorismo
A GALICIA URBANA

44,21€ IVA INCLUIDO
- Editorial:
- XERAIS - ANAYA
- Publicación:
- 19/11/2015
- Colección:
- OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITAR
- Ver ficha completa
Sinopsis
O crecemento das cidades e dos seus espazos urbanos periféricos constitúe a principal novidade na organización territorial de Galicia desde mediados do século XX. A intensidade deste proceso de concentración do efectivo humano, da actividade económica e da artificialización do solo xustifica que, na actualidade, Galicia se defina como unha realidade urbana. Un proceso de urbanización que non se realizou …
O crecemento das cidades e dos seus espazos urbanos periféricos constitúe a principal novidade na organización territorial de Galicia desde mediados do século XX. A intensidade deste proceso de concentración do efectivo humano, da actividade económica e da artificialización do solo xustifica que, na actualidade, Galicia se defina como unha realidade urbana.
Un proceso de urbanización que non se realizou con toda a orde nin bo senso que cabería agardar, e que nos seus aspectos centrais foi obxecto de estudo por parte de arquitectos, xeógrafos, sociólogos, antropólogos, historiadores, especialistas en dereito ou no medio ambiente que, xunto a colegas doutras procedencias, investigaron as diversas faces da Galicia urbana.
Precisamente, este achegamento multidisciplinar é o que se pretende reflectir no libro A Galicia urbana. Deste xeito, a obra estrutúrase en sete grandes apartados que abordan os temas da urbanización e metropolitanización do territorio, o estudo dos habitantes das cidades e das súas actividades, a imaxe do urbano, as formas e usos do solo urbano, o planeamento urbanístico e o tratamento do rural na Galicia urbanizada. Unha serie de achegamentos complementarios que procuran abordar as características máis importantes da Galicia urbana desde unha perspectiva de colaboración científica entre expertos dos distintos saberes da cidade con vocación aberta de diálogo.
Relación de autores que interveñen no libro: Jesús M. González Pérez, Manuel García Docampo, Manuel Gallego Jorreto, Miguel Pazos Otón, César Portela, José González-Cebrián Tello, Xosé L. Martínez Suárez, Martín Fernández Prado, Henrique Seoane Prado, Xosé M. Rosales Noves, Antonio Díaz Otero, José L. González Fernández, Ramón López Facal, Carlos Nárdiz Ortiz, María J. Piñeira Mantiñán, Dolores Puga, Teresa Castro
Leer más
Más libros de Lois, Rubén C.
Más información del libro
A GALICIA URBANA
- Editorial:
- XERAIS - ANAYA
- Fecha Publicación:
- 19/11/2015
- Formato:
- Cambiar formato
- ISBN:
978-84-9914-930-1
- EAN:
9788499149301
- Nº páginas:
- 776
- Colección:
- OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITAR
- Lengua:
- GALLEGO
- Alto:
- 24 mm
- Ancho:
- 17 mm
- Sección:
- ARQUITECTURA
- Sub-Sección:
- Técnicas arquitec. e Interiorismo
Lois, Rubén C.
RUBÉN C. LOIS GONZÁLEZ é catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor convidado das universidades de Le Mans, Caen e Toulouse-Le Mirail (Francia), e Bergen e Finmark Universitary College (Noruega). Tamén foi profesor visitante en Calgary (Canadá). Entre 2005 e 2009 exerceu como Director Xeral de Turismo da Xunta de Galicia. Autor de máis de duascentas publicacións, destaca polo seu interese na xeografía urbana. É coautor do Diccionario de urbanismo, geografía urbana y ordenación del territorio (2013) e coodinador do manual Los espacios urbanos (2012). Máis recentemente coordinou o libro New Tourism in the 21st Century (2014). Ten publicado noventa artigos en revistas académicas entre as que cómpre nomear Annales de Géographie, Espaces et Societés, Tourism Geographies, Mobilities, Scripta Nova e Die Erde. Investigador principal de varios proxectos internacionais, é consultor para temas de investigación dos gobernos italiano e romanés.Otros libros en ARQUITECTURA
-
NO DISPONIBLE
CADA TANTO APARECE UN PERRO QUE HABLA Y OTROS ENSAYOS
RADIC, SMIJAN16,00€ IVA INCLUIDO
-
NO DISPONIBLE
Open Sourcing. Investigación y formación avanzada en arquitectura
DIEGO BARRADO, LOURDES16,00€ IVA INCLUIDO