Nunca paraíso

TEATRO BREVE (1973-2015)

Autor: LOURENZO, MANUEL

Sección: CLÁSICOS - CLÁSICOS GRAL

Nunca paraíso

Nunca paraíso

18,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
13/10/2016
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - XERAIS CLÁSICOS
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Este volume reúne trinta e nove pezas breves escritas por Manuel Lourenzo entre 1973 e 2015, as máis delas inéditas ou publicadas en revistas e folletos, e algunhas representadas. Monólogos, diálogos e algunhas coralidades compoñen o corpus desta colección teatral, destinada a públicos, lectores e lectoras transparentes ou opacos, nítidos ou escuros, con moitísima ou nula atención polo teatro. Así …

Este volume reúne trinta e nove pezas breves escritas por Manuel Lourenzo entre 1973 e 2015, as máis delas inéditas ou publicadas en revistas e folletos, e algunhas representadas. Monólogos, diálogos e algunhas coralidades compoñen o corpus desta colección teatral, destinada a públicos, lectores e lectoras transparentes ou opacos, nítidos ou escuros, con moitísima ou nula atención polo teatro. Así sucede coas dezaseis pezas do primeiro capítulo dirixidas, aínda que non unicamente, a " Solitarios?. Como as do segundo, " A Rolda " , implican a todas as persoas que non se consideran implicadas. Mentres as do terceiro, " Contratempo " , convidan a xogar ás advertidas. Por último, as catro pezas de " Azul " axudan a achegarse a un horizonte que podemos chamar límite... Pezas todas que abalan do estupor ao interese, da afirmación á dúbida, do ruído ao silencio. Un teatro de todas as cores, gobernado pola arpa tendenciosa de Denís e pola xenialidade dun clásico do noso teatro contemporáneo.
Leer más

Más libros de LOURENZO, MANUEL

Todos los libros de LOURENZO, MANUEL

Más información del libro

Nunca paraíso

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-113-6
EAN:
9788491211136
Nº páginas:
360
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - XERAIS CLÁSICOS
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
CLÁSICOS
Sub-Sección:
CLÁSICOS GRAL
Manuel Lourenzo (Ferreira do Valadouro, 1943), licenciado polo Institut del Teatre, de Barcelona, alumno de Pepe Estruch, está vinculado desde 1965 ao teatro independente e comprometido na causa da reincorporación do teatro á vida pública galega. Sexa como dramaturgo, director, actor, teórico, divulgador ou grafista, os seus obxectivos foron sempre a creación e implantación dun teatro galego contemporáneo que non ignorase as súas raíces históricas nin estéticas. Nesta dirección, impulsou a creación dos seguintes grupos e compañías teatrais: O Facho (1965), Teatro Circo (1967), Escola Dramática Galega (1978), Compañía Luís Seoane (1980), Clube teatral Elsinor (1990), Casahamlet (1997)... É autor dunha extensa obra dramática iniciada en 1969 con «Romería ás Covas do Demo» e materializada en 2009 como «As dunas», entre a que destacan títulos como «Veladas indecentes» (1996), Premio Nacional de Literatura Dramática; «O circo da medianoite» (1997); «A larva furiosa» (2003); «As horas baixas» (2008), «Flores de Dunsinane» (Xerais, 2010) e «Suite Artabria» (Xerais, 2017), estas dúas últimas galardonadas co Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. Reuniu o seu teatro breve (1973-2015) no libro «Nunca paraíso» (Xerais, 2016). Dirixiu espectáculos como «Electra», «Copenhague», «Fausto», «Magnetismo», «O avión paranoico»... Recibiu numerosos premios: Abrente (1978), Artur Carbonell (1983), Teatro de Cámara Ditea (1985), Rafael Dieste (1996, 1999), Marisa Soto, Maruxa Villanueva, Premio Nacional da Cultura Galega de Artes Escénicas (2008) e Premio Otero Pedrayo (2011).

Otros libros en CLÁSICOS