A VIAXE DE BALDASSARE

A VIAXE DE BALDASSARE

Autor: Maalouf, Amin

Sección: NARRATIVA - Novela General

A VIAXE DE BALDASSARE

A VIAXE DE BALDASSARE

24,25€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
08/11/2000
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Ano 1666, o ano do Anticristo. Agoireiros e iluminados percorren os camiños para anunciar que a fin do mundo está cerca. Na Apocalipse dise que o número da Besta é o 666 e no ano 1666, é dicir MDCLXVI, xúntanse tódalas letras da numeroloxía latina, que é outra das condicións da profecía. Ademais, en tódalas confesións hai un libro en …

Ano 1666, o ano do Anticristo. Agoireiros e iluminados percorren os camiños para anunciar que a fin do mundo está cerca. Na Apocalipse dise que o número da Besta é o 666 e no ano 1666, é dicir MDCLXVI, xúntanse tódalas letras da numeroloxía latina, que é outra das condicións da profecía. Ademais, en tódalas confesións hai un libro en que se profetiza o final dos tempos. Baldassare Embriaco, un comerciante de obxectos de arte e libros raros, descendente dunha vella familia xenovesa asentada no Líbano, vese envolto nesta voráxine fatídica. Baldassare amósase escéptico, consonte as Sagradas Escrituras: «o home non saberá nin o día nin a hora da fin do mundo antes de que esta sobreveña». Non obstante, emprende unha longa viaxe na procura do libro maldito, O centésimo nome, que tivo entre as súas mans pero que deixou escapar. No Corán hai noventa e nove formas de chamar a Deus, pero había un centésimo nome, agachado, que, invocado serviría para gaña-los favores do ceo nestes momentos dramáticos en que se teme a fin do mundo. No seu periplo, durante o cal atravesará o Mediterráneo ata chegar a Londres, Baldassare cruza países en situacións límite, vilas incendiadas, comunidades expectantes... Atoparase co medo, a violencia, o engano, a desilusión e o infortunio, ó parecer relacionados coa presencia do libro buscado. Pero tamén achará co amor, sentimento que cría perdido para sempre. A viaxe de Baldassare, levada a cabo o ano 1666, que rematou sen que dese chegado a fin do mundo, ten unha trama con múltiples elementos que fan dela unha novela moi actual: os temores milenaristas, os cabalistas que predín a fin dos tempos, o binomio da primacía racional fronte á emerxente tentación irracional... A novela de Maalouf é unha viaxe iniciática, de reaprendizaxe, na que abrollan os choques e as vías de comunicación entre as culturas do cercano oriente e dun occidente europeo que se prepara para debate-las ideas ilustradas.
Leer más

Más libros de Maalouf, Amin

Todos los libros de Maalouf, Amin

Más información del libro

A VIAXE DE BALDASSARE

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-8302-583-3
EAN:
9788483025833
Nº páginas:
456
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Amin Maalouf naceu en 1949 no Líbano. Fillo dun poeta, pintor e periodista, estudou economía, política e socioloxía. Traballou como periodista no diario An Nahar. Responsable da sección internacional, viaxou por distintos países como Etiopía, Somalia, Bangladesh ou Vietnam, onde foi testemuña da batalla de Saigón. En 1975, cando estalou a guerra do Líbano exiliouse en Francia, onde traballou como redactor xefe da reviste Jeune Afrique. Actualmente se dedica só á literatura. As súas obras están traducidas no mundo enteiro. Recibiu o premio Nonino polo conxunto da súa obra. Recibiu o premio Maisons de la Presse en 1988 pola súa novela Samarcande (Samarcanda), o Goncourt en 1993 por Le Rocher de Tanios (La roca de Tanios) e os premios da Amizade Franco-Árabe e o Paul-Falt da Academia Francesa por Léon l`Africain (León el Africano), ambas as tres publicadas en castelán por Alianza Editorial, xunto ao resto da súa obra: Les Croisades vues par les arabes (Las cruzadas vistas por los árabes), Les jardins de Lumière (Los jardines de Luz), Le premier siècle après Béatrice (El primer siglo después de Béatrice), Les Echelles du Levant (Las escalas de Levante) e o ensaio Les identités meurtrières (Identidades asesinas). Realizou unha incursión no mundo da ópera como autor do libreto de L´amour de loin, unha reflexión sobre a vida e a morte, con música da compositora finesa Kaija Saariahao, que foi recibida con entusiasmo no festival de Salzburgo en agosto de 2000. As súas obras máis recentes foron publicadas xa en galego por Xerais, A viaxe de Baldassare, novela (2000) e A deleiba do mundo, ensaio (2009). Premio Príncipe de Asturias das Letras, 2010.

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar