TERRA

CIENCIA, AVENTURAS E SORPRESAS DUNHA VIAXE ARREDOR DO MUNDO

Autor: MARIÑO, XURXO

Sección: CIENCIAS - Otros libros de Ciencias

TERRA

TERRA

19,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
09/03/2017
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - BÁSICOS CIENCIA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Este é un libro de viaxes convertido nunha aventura de divulgación científica, o relato dun periplo de once meses arredor do planeta Terra no que se mesturan as anécdotas que van xurdindo ao longo das distintas etapas coas descricións da ciencia que hai detrás dos espectáculos que a natureza lles vai amosando aos viaxeiros: illas volcánicas en plena formación, desertos …

Este é un libro de viaxes convertido nunha aventura de divulgación científica, o relato dun periplo de once meses arredor do planeta Terra no que se mesturan as anécdotas que van xurdindo ao longo das distintas etapas coas descricións da ciencia que hai detrás dos espectáculos que a natureza lles vai amosando aos viaxeiros: illas volcánicas en plena formación, desertos aos que non se lles albisca a fin, termiteiros xigantes, glaciares de cor azul que roxen coma monstros, raposos voadores e quilómetros, moitos quilómetros de percorrido polo mar, o aire e os revirados camiños dun planeta observado cos ollos atentos e cheos de curiosidade de Xurxo Mariño. Como indica o escritor Xavier Queipo no limiar, «cada capítulo, cada etapa, cada anécdota é unha porta aberta aos sentidos e ao coñecemento, unha incitación á observación da natureza e, en particular, á natureza humana coma se se tratase dunha introdución á historia natural e de etnografía comparada».
Leer más

Más libros de MARIÑO, XURXO

Más información del libro

TERRA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-180-8
EAN:
9788491211808
Nº páginas:
296
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - BÁSICOS CIENCIA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
245 mm
Ancho:
170 mm
Sección:
CIENCIAS
Sub-Sección:
Otros libros de Ciencias
Xurxo Mariño (Lugo, 1969) é doutor en Ciencias Biolóxicas especializado en Neurofisioloxía e profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña, ademais de viaxeiro e fotógrafo afeccionado. Formouse como biólogo na Universidade de Santiago e realizou o seu posdoutoramento no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). Desde hai anos dedica unha parte importante do seu tempo á divulgación do coñecemento científico e a súa interacción coas artes e as humanidades, mediante espectáculos en directo como o discurshow, relatos de ficción, colaboracións en revistas, radio, TV e internet, e libros como " Os dados do reloxeiro " (2005), " Po de estrelas " (2007), " Neurociencia para Julia " (2012) e Terra. Ciencia, aventura e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo " (Xerais 2017). En 2011 recibiu o Premio Especial do Xurado do I Certame FECYT de Comunicación Científica, e en 2014 o Premio Tesla de Divulgación.

Otros libros en CIENCIAS

También te pueden interesar