UNHA MENTE QUE VOA

UNHA MIRADA Á EVOLUCIÓN DA LINGUAXE

Autor: Mariño, Xurxo

Sección: CIENCIAS - Biología y Geología

UNHA MENTE QUE VOA

UNHA MENTE QUE VOA

19,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
12/11/2020
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - BÁSICOS CIENCIA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Agora mesmo, ao ler estas liñas, estás a utilizar a habilidade máis sorprendente e extraordinaria da túa mente: a linguaxe, unha ferramenta única que usamos os humanos modernos para elaborar o pensamento e para comunicar todo tipo de ideas dunha mente a outra. É algo que nos diferencia de todos os demais seres vivos coñecidos. Ningún outro animal posúe algo …

Agora mesmo, ao ler estas liñas, estás a utilizar a habilidade máis sorprendente e extraordinaria da túa mente: a linguaxe, unha ferramenta única que usamos os humanos modernos para elaborar o pensamento e para comunicar todo tipo de ideas dunha mente a outra. É algo que nos diferencia de todos os demais seres vivos coñecidos. Ningún outro animal posúe algo remotamente similar, xa que no seu caso manexan sistemas de comunicación que carecen do simbolismo e a sintaxe propios da linguaxe. Como xurdiu está capacidade única dos humanos? A evolución da linguaxe é un dos problemas máis fascinantes da ciencia actual. Este atractivo libro do neurocientífico e divulgador Xurxo Mariño é unha aventura de misterio na que pouco a pouco van aparecendo pistas sobre o desenvolvemento da nosa capacidade lingüística, tanto a medida que remexemos na evolución biolóxica e cultural do xénero Homo, como tamén observando os cambios que se producen durante os primeiros anos de vida das nenas e nenos.
Leer más

Más libros de Mariño, Xurxo

  • NEURONAS PARA LA EMOCIÓN

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    NEURONAS PARA LA EMOCIÓN

    16,90€ IVA INCLUIDO

  • LA CONQUISTA DEL LENGUAJE

    ÚLTIMOS EJEMPLARES

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    LA CONQUISTA DEL LENGUAJE

    16,90€ IVA INCLUIDO

  • TERRA

    NO DISPONIBLE

    TERRA

    19,50€ IVA INCLUIDO

  • TIERRA

    NO DISPONIBLE

    TIERRA

    21,50€ IVA INCLUIDO

  • NEUROCIENCIA PARA JULIA

    NO DISPONIBLE

    NEUROCIENCIA PARA JULIA

    17,00€ IVA INCLUIDO

Más información del libro

UNHA MENTE QUE VOA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-761-9
EAN:
9788491217619
Nº páginas:
128
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - BÁSICOS CIENCIA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
230 mm
Ancho:
190 mm
Sección:
CIENCIAS
Sub-Sección:
Biología y Geología
É doutor en Ciencias Biolóxicas especializado en Neurofisioloxía e profesor do Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas da Universidade da Coruña, ademais de viaxeiro e fotógrafo afeccionado. Formouse como biólogo na Universidade de Santiago e realizou o seu posdoutoramento no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). Desde hai anos dedica unha parte importante do seu tempo á divulgación do coñecemento científico e a súa interacción coas artes e as humanidades mediante espectáculos teatrais, relatos de ficción, colaboracións en revistas, radio, TV e Internet, e libros como Os dados do reloxeiro (2005), Po de estrelas (2007), Neurociencia para Julia (2012), Terra. Ciencia, aventura e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo (Xerais 2017) e El misterio de la mente simbólica. Cerebro, lenguaje y evolución (2018). No ano 2011 recibiu o Premio Especial do Xurado do I Certame FECYT de Comunicación Científica, e en 2014 o Premio Tesla de Divulgación. En 2017 foille concedido o premio Lois Peña Novo. No ano 2018 recibiu o premio da modalidade de «Divulgación» na Gala do Libro Galego pola súa obra Terra, libro que tamén levou unha mención de honra na edición de 2018 dos premios PRISMA dos Museos Científicos Coruñeses.

Otros libros en CIENCIAS

También te pueden interesar