Os tempos e o clima de Galicia

OS TEMPOS E O CLIMA DE GALICIA

Autor: Martí Ezpeleta, Alberto

Sección: GEOGRAFÍA - Medio ambiente

Os tempos e o clima de Galicia

Os tempos e o clima de Galicia

18,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
13/06/2019
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - BÁSICOS CIENCIA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Que récords climáticos se alcanzaron en Galicia? Cales son os lugares máis calorosos? E os máis fríos? Onde chove máis? Onde se rexistran máis días de precipitación? Que zonas gozan dun maior número de horas de sol? Cales teñen maior nebulosidade? Que lugares son os máis ventosos? Como está a afectar o cambio climático a Galicia? Neste libro atoparás as …

Que récords climáticos se alcanzaron en Galicia? Cales son os lugares máis calorosos? E os máis fríos? Onde chove máis? Onde se rexistran máis días de precipitación? Que zonas gozan dun maior número de horas de sol? Cales teñen maior nebulosidade? Que lugares son os máis ventosos? Como está a afectar o cambio climático a Galicia? Neste libro atoparás as respostas a estas e a outras preguntas relacionadas co clima de Galicia e os diversos tipos de tempo que o caracterizan. Nas súas páxinas explícase como se producen os fenómenos meteorolóxicos máis habituais no noso territorio: as inversións térmicas, as néboas costeiras e orográficas, as illas de calor urbanas, os tipos de precipitación, o efecto foehn, as brisas mariñas, o arco da vella etc. A través de exemplos concretos, analízanse tamén os riscos climáticos que afectan regularmente a Galicia, como vagas de calor, temporais de neve, cicloxéneses explosivas e temporais de choiva e vento, tormentas, secas, tornados... Tamén poderás coñecer como está a cambiar o clima da nosa comunidade debido ao quecemento global e cales son os escenarios de futuro.
Leer más

Más información del libro

Os tempos e o clima de Galicia

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-9121-506-6
EAN:
9788491215066
Nº páginas:
216
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - BÁSICOS CIENCIA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
24 mm
Ancho:
17 mm
Sección:
GEOGRAFÍA
Sub-Sección:
Medio ambiente
Alberto Martí Ezpeleta (Zaragoza, 1964) é licenciado e doutor en Xeografía pola Universidade de Zaragoza. Desde 1993 é profesor titular de Xeografía Física na Universidade de Santiago de Compostela. Como especialista en Climatoloxía dirixiu varias teses de doutoramento e traballos de Grao e Máster. Ten numerosas publicacións sobre riscos climáticos, cambio climático, clima urbano, bioclimatoloxía, clima e saúde, clima e calidade ambiental, climatoloxía agrícola ou clima e turismo. Participou en varios proxectos de investigación sobre climatoloxía, cartografía e espazos naturais. Imparte docencia no Grao e no Máster de Xeografía e Ordenación do Territorio da Universidade de Santiago, e participou en diversas conferencias relacionadas co clima.

Otros libros en GEOGRAFÍA

También te pueden interesar