EU TAMPOUCO ME CHAMO FLANAGAN

EU TAMPOUCO ME CHAMO FLANAGAN

Autor: Martín, Andreu

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 13 años

EU TAMPOUCO ME CHAMO FLANAGAN

EU TAMPOUCO ME CHAMO FLANAGAN

12,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
05/10/2006
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Eu tampouco me chamo Flanagan é a nova entrega da serie protagonizada por Flanagan, o detective adolescente creado en 1989 por Andreu Martín e Jaume Ribera, e publicada en galego por Xerais dentro da súa colección Fóra de Xogo. Como nas entregas anteriores, o intelixente detective aceptará unha investigación para facer fronte aos seus caprichos, o que o levará a …

Eu tampouco me chamo Flanagan é a nova entrega da serie protagonizada por Flanagan, o detective adolescente creado en 1989 por Andreu Martín e Jaume Ribera, e publicada en galego por Xerais dentro da súa colección Fóra de Xogo. Como nas entregas anteriores, o intelixente detective aceptará unha investigación para facer fronte aos seus caprichos, o que o levará a meterse, como adoita e sen el pretendelo, en todo tipo de líos, dende os amorosos, a outros bastante máis perigosos e comprometidos. Desta volta, a trama iníciase cando Oriol Lahoz, detective profesional, pide axuda a Flanagan para atopar a Alí Hiyyara, un magrebí de doce anos desaparecido. Por suposto, as cousas non son como parecen. Seguindo a pista do rapaz, Flanagan abráiase e indígnase diante da terrible situación dos emigrantes de orixe magrebí que viven no seu barrio, e descubre que Omar, o pai do neno, tamén desaparecido, está involucrado no roubo dunhas valiosísimas xoias Almirall. Namentres, debe axudar ao seu amigo Charcheneguer, que se ve implicado no roubo dunha xoiaría e logo é secuestrado por un suposto amigo que pretende quitarlle o anel de brillantes que lle mercou a súa moza.
Leer más

Más libros de Martín, Andreu

Todos los libros de Martín, Andreu

Más información del libro

EU TAMPOUCO ME CHAMO FLANAGAN

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9782-479-8
EAN:
9788497824798
Nº páginas:
256
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
211 mm
Ancho:
130 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 13 años
Andreu Martín (1949), psicólogo, guionista de cómics, coñecido autor de novela negra, e Jaume Ribera (1953), licenciado en Ciencias da Información e tradutor, tamén guionista de cómics e autor de novela negra, iniciaron a súa fecunda relación na creación e andanzas do personaxe Flanagan coa publicación de No pidas sardina fuera de temporada (Premio Nacional de Literatura Juvenil, 1989). En galego e dentro da saga de Flanagan, publicaron ata agora na colección Fóra de Xogo sete títulos: Flanagan de luxe (Xerais 1994), Alfagan é Flanagan (Xerais 1996), Flanagan Blues Band (Xerais 1996), Flanagan 007 (Xerais 1998), Flanagan, só Flanagan (Xerais 2000), Eu tampouco me chamo Flanagan (Xerais 2006) e Flanagan Flash-Back (Xerais 2009). Ninguén sabe como o fan. Preguntados pola súa forma de traballar, aseguran que un escribe as vocais e o outro as consoantes.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar