CONSULTORIO DOS NOMES E DOS APELIDOS GALEGOS

CONSULTORIO DOS NOMES E DOS APELIDOS GALEGOS

Autor: Méndez Ferrín, X. L.

Sección: DICCIONARIOS - DICCIONARIOS GRAL

CONSULTORIO DOS NOMES E DOS APELIDOS GALEGOS

CONSULTORIO DOS NOMES E DOS APELIDOS GALEGOS

28,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
19/10/2007
Colección:
DICIONARIOS - DICIONARIOS XERAIS
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Neste Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, X. L. Méndez Ferrín explora, con ánimo indagatorio e divulgativo, sen unha estrita pretensión académica, os antropónimos do noso País, que son os auténticos protagonistas deste libro. A obra organízase en tres partes: no " Consultorio " abórdanse asuntos xerais e particulares referidos aos nomes persoais e aos apelidos galegos; en " …

Neste Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, X. L. Méndez Ferrín explora, con ánimo indagatorio e divulgativo, sen unha estrita pretensión académica, os antropónimos do noso País, que son os auténticos protagonistas deste libro. A obra organízase en tres partes: no " Consultorio " abórdanse asuntos xerais e particulares referidos aos nomes persoais e aos apelidos galegos; en " Un ferrado de apelidos " analízanse por orde alfabética os 153 apelidos máis frecuentes; e en " Flor de raros " trátanse vinte apelidos seleccionados entre os excepcionais. Completan a obra un breve glosario e un completo índice onomástico. O Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos é un volume de indispensable consulta para todas aquelas persoas que sintan curiosidade e afán de coñecemento pola vida e a historia dos devanceiros.
Leer más

Más información del libro

CONSULTORIO DOS NOMES E DOS APELIDOS GALEGOS

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa dura (libros)
ISBN:
978-84-9782-642-6
EAN:
9788497826426
Nº páginas:
504
Colección:
DICIONARIOS - DICIONARIOS XERAIS
Lengua:
GALLEGO
Alto:
223 mm
Ancho:
162 mm
Sección:
DICCIONARIOS
Sub-Sección:
DICCIONARIOS GRAL
X. L. Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é unha figura cimeira da cultura galega contemporánea. O seu labor abrangue os ámbitos da narrativa, da crítica, da investigación, do pensamento e da acción política e social. Doutor en Filoloxía, obtivo premios como Celanova Casa dos Poetas (1985), Premio Trasalba (2001), Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2004 e Premio Nacional de Literatura (2008). A súa obra narrativa iniciouse hai cincuenta anos con Percival e outras historias (1958), e desde aquela publicou títulos tan emblemáticos como O crepúsculo e as formigas (1961), Arrabaldo do norte (1964), Retorno a Tagen Ata (1971), Elipsis e outras sombras (1974), Antón e os inocentes (1976), Crónica de nós (1980), Amor de Artur (1982), Bretaña, Esmeraldina (1987, 2007, Premio da Crítica Galicia), Arraianos (1991, Premio da Crítica Galicia, Premio da Crítica Española e Premio Losada Diéguez), ou No ventre do silencio (1999, Premio Eixo Atlántico, Premio da Crítica Española). A súa produción poética está composta por títulos como Voce na néboa (1957), Antoloxía Popular (1972), Sirventés pola destrucción de Occitania (1975), Con pólvora e magnolias (1977, Premio da Crítica), Poesía enteira de Heriberto Bens (1980); O fin dun canto (1982), Erótica (1992), Estirpe (1994, Premio Losada Diéguez), O outro (2002), Era na selva de Esm (2004) e Contra Maquieiro (2005). Para o público xuvenil publicou Arnoia, Arnoia (1986), que foi incluída na Lista de Honra do IBBY en 1988. É autor, ademais, do Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos (2007) e dos ensaios Cancioneiro de Pero Meogo (1966) e De Pondal a Novoneyra (1984).

Otros libros en DICCIONARIOS

También te pueden interesar