BOLXEVIQUES 1917-2017

BOLXEVIQUES 1917-2017

Autor: MOURE, TERESA

Sección: HISTORIA - Historia Universal

BOLXEVIQUES 1917-2017

BOLXEVIQUES 1917-2017

16,65€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
29/11/2016
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITAR
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

En 2017 a Revolución Bolxevique fai cen anos. Boa parte dos acontecementos deste século pode interpretarse en relación ao impacto internacional deses ideais revolucionarios e á forma como se puxeron en práctica: aliñamento de países e guerra fría, competitividade entre o bloque socialista e o bloque capitalista, enfrontados no campo ideolóxico mais tamén no tecnolóxico e no militar. Paralelamente, producíase …

En 2017 a Revolución Bolxevique fai cen anos. Boa parte dos acontecementos deste século pode interpretarse en relación ao impacto internacional deses ideais revolucionarios e á forma como se puxeron en práctica: aliñamento de países e guerra fría, competitividade entre o bloque socialista e o bloque capitalista, enfrontados no campo ideolóxico mais tamén no tecnolóxico e no militar. Paralelamente, producíase un conflito subterráneo que rompía as fronteiras xeográficas: filosofías disidentes introducían esa cerna ideolóxica en novas esferas do pensamento; contraofensivas, como as políticas do benestar, controlaban o avance do socialismo en países capitalistas; concepcións artísticas, símbolos e vangardas sociais deseñaban un novo mundo. Todo se viu alterado. Cen anos despois, a vella garda comunista aproveitará para reivindicar o legado transformador do bolxevismo; o pensamento ultra-liberal para expor á luz algúns episodios de violencia e opresión na súa cara máis escura. Este libro pretende ser a contribución galega para esa necesaria revisión; unha maneira de participar neste territorio da Galiza na voráxine, se non daqueles acontecementos, si da reflexión sobre o seu impacto histórico e ideolóxico. Bolxevismo e bolxevismo na Galiza. Xerais e Através ofrecen xuntas un único libro en dous volumes de contidos diferentes, coordinado por Teresa Moure, marcando unha vía de confluencia e de inspiración para a convivencia das tradicións políticas e ortográficas de quen defende neste país a vitalidade da nosa lingua e do ensaio escrito nela. Neste volume publicado por Xerais inclúense os traballos de Justo Beramendi, Xosé Manuel Carril, Oriana Méndez, Víctor Santidrián, Xoán Carlos Garrido, Julio Prada, Uxío-Breogán Diéguez, Francisco Rodríguez, Anxo Angueira, Antón Dobao, Natalia Poncela, Xosé Manuel Outeiriño e Rebeca Baceiredo.
Leer más

Más libros de MOURE, TERESA

Todos los libros de MOURE, TERESA

Más información del libro

BOLXEVIQUES 1917-2017

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-9121-136-5
EAN:
9788491211365
Nº páginas:
192
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITAR
Lengua:
GALLEGO
Alto:
24 mm
Ancho:
17 mm
Sección:
HISTORIA
Sub-Sección:
Historia Universal
Teresa Moure Pereiro é profesora de lingüística xeral na Universidade de Santiago de Compostela e autora das seguintes novelas: A xeira das árbores (2004), Premio Lueiro Rey 2004 e Premio San Clemente 2005 Herba moura (Xerais 2005), Premio Xerais de novela 2005, Premio Irmandade do libro á autora do ano 2005, Premio da Asociación de Escritores en lingua galega 2005, Premio Benito Soto á mellor novela do ano 2005 e Premio da crítica española 2005 Benquerida Catástrofe (Xerais, 2007) A casa dos lucarios (Xerais, 2007) e A intervención (Xerais 2010). Publicou ademais ensaios: Outro idioma é posible (2005), Premio Ramón Piñeiro de ensaio 2004 A palabra das fillas de Eva (2005), Premio da crítica de Galicia 2005, O natural é político (Xerais 2008), Ecolingüística (2011) e Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións (2012), Premio Ramón Piñeiro de ensaio 2011. Obtivo o premio Rafael Dieste 2007 pola peza dramática Unha primavera para Aldara (2008, Xerais 2009), levada á escena por Teatro do Atlántico, e recoñecida co premio María Casares ao mellor texto orixinal 2009 e co Premio AELG 2009 a texto teatral. Tamén en teatro publicou Cínicas (2010). No eido do álbum ilustrado publicou dous textos dirixidos ás nais: Eu tamén son fonte (2008) e Mamá, ti si que me entendes! (2009), ilustrados por Leandro Lamas. Algunhas das súas novelas e ensaios foron traducidos a varias linguas. Para alén diso, a autora tira a forza para escribir das intervencións orais onde mostra o compromiso da súa obra co feminismo, coa ecoloxía e coa nación. Coordinou a obra colectiva ""Bolxeviques (1917-2017), publicada en dous volumes diferentes por Xerais e Através.

Otros libros en HISTORIA

También te pueden interesar