UNHA PRIMAVERA PARA ALDARA

UNHA PRIMAVERA PARA ALDARA

Autor: MOURE, TERESA

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - Poesía y Teatro

UNHA PRIMAVERA PARA ALDARA

UNHA PRIMAVERA PARA ALDARA

13,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
04/09/2009
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Ver ficha completa

ÚLTIMOS EJEMPLARES

Recogida en librería GRATIS

Envío a domicilio

Añadir a la cesta

Sinopsis

Unha primavera para Aldara de Teresa Moure é unha peza teatral que se desenvolve no interior dun mosteiro, na Galicia do século XV. No exterior estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais. Ao convento chega Don Nuno, un cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla. As regras non permiten presencia masculina no mosteiro, porén Aldara, a abadesa decide …

Unha primavera para Aldara de Teresa Moure é unha peza teatral que se desenvolve no interior dun mosteiro, na Galicia do século XV. No exterior estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais. Ao convento chega Don Nuno, un cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla. As regras non permiten presencia masculina no mosteiro, porén Aldara, a abadesa decide poñer por diante a misericordia e acoller ao forasteiro. Mais unha decisión coma esta no convento serviu como detonante dun enfrontamento de posturas entre as monxas que culminará nunha traizón. En palabras da autora " os personaxes desta obra teatral afrontan conflitos dos que se chaman eternos e procuran horizontes de liberdade persoal relativos ao afán de coñecemento, a paixón, a ruptura co establecido, nun ambiente de tenrura e fraternidade " . Unha primavera para Aldara obtivo o Premio de teatro Rafael Dieste 2007, ademais dos premios da Asociación de Escritores en lingua Galega (Teatro) 2008 e o María Casares ao Mellor Texto Orixinal 2009.
Leer más

Más libros de MOURE, TERESA

Todos los libros de MOURE, TERESA

Más información del libro

UNHA PRIMAVERA PARA ALDARA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-027-8
EAN:
9788499140278
Nº páginas:
248
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
130 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
Poesía y Teatro
Teresa Moure Pereiro é profesora de lingüística xeral na Universidade de Santiago de Compostela e autora das seguintes novelas: A xeira das árbores (2004), Premio Lueiro Rey 2004 e Premio San Clemente 2005; Herba moura (Xerais 2005), Premio Xerais de novela 2005, Premio Irmandade do libro á autora do ano 2005, Premio da Asociación de Escritores en lingua galega 2005, Premio Benito Soto á mellor novela do ano 2005 e Premio da crítica española 2005; Benquerida Catástrofe (Xerais, 2007); A casa dos lucarios (Xerais, 2007) e A intervención (Xerais 2010). Publicou ademais ensaios: Outro idioma é posible (2005), Premio Ramón Piñeiro de ensaio 2004; A palabra das fillas de Eva (2005), Premio da crítica de Galicia 2005, O natural é político (Xerais 2008), Ecolingüística (2011) e Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións (2012), Premio Ramón Piñeiro de ensaio 2011. Obtivo o premio Rafael Dieste 2007 pola peza dramática Unha primavera para Aldara (2008, Xerais 2009), levada á escena por Teatro do Atlántico, e recoñecida co premio María Casares ao mellor texto orixinal 2009 e co Premio AELG 2009 a texto teatral. Tamén en teatro publicou Cínicas (2010). No eido do álbum ilustrado publicou dous textos dirixidos ás nais: Eu tamén son fonte (2008) e Mamá, ti si que me entendes! (2009), ilustrados por Leandro Lamas. Algunhas das súas novelas e ensaios foron traducidos a varias linguas. Para alén diso, a autora tira a forza para escribir das intervencións orais onde mostra o compromiso da súa obra co feminismo, coa ecoloxía e coa nación. Coordinou a obra colectiva " Bolxeviques (1917-2017), publicada en dous volumes diferentes por Xerais e Através.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar