RANDEA DO ALENTO

RANDEA DO ALENTO

Autor: MÜLLER, HERTA

Sección: NARRATIVA - Novela General

RANDEA DO ALENTO

RANDEA DO ALENTO

20,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
23/09/2010
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Aínda había guerra en xaneiro de 1945 cando se inicia a deportación aos campos de traballos forzados en Ucraína da minoría alemá en Romanía. Nese momento comeza a historia que relata Leo Auberg, un mozo de dezasete anos, obrigado a abandonar a súa vila, no momento xusto. Porque a el xa lle sucedera algo: ?Prohibido?, ?raro, sucio, vergoñento e fermoso?. …

Aínda había guerra en xaneiro de 1945 cando se inicia a deportación aos campos de traballos forzados en Ucraína da minoría alemá en Romanía. Nese momento comeza a historia que relata Leo Auberg, un mozo de dezasete anos, obrigado a abandonar a súa vila, no momento xusto. Porque a el xa lle sucedera algo: ?Prohibido?, ?raro, sucio, vergoñento e fermoso?. Formar parte da listaxe dos rusos era para el unha situación aceptábel. Cinco anos vai manterse con vida no Campo, coa experiencia da fame e do frío, co terríbel cansazo, co tedio, coa dúbida de se na súa casa saberán se continúa con vida, co desexo e co medo do regreso. Leo Auberg regresa e xa non ten lugar no mundo entre persoas farturentas de lar, a lingua e as imaxes que crea seguen a mantelo na vida, sesenta anos despois, cando continúa comendo contra a morte de fame. Herta Müller, coas fermosas palabras do poeta Oskar Pastior, cos seus recordos e cos doutras testemuñas devólvenos unha parte da historia de Europa, da ferocidade do século XX, no que a inocente palabra Campo, se converte en símbolo do horror. ?Esta é unha obra, que neste momento sobresae sobre todas as demais; unha lectura que parte o corazón e nos fai seres humildes e sinxelos.? Felicitas von Lovenberg, " Frankfurter Allgemeine Zeitung " ?A súa obra, cuxa forza se alimenta co terror, é ao mesmo tempo rica en beleza e unha sorte para quen le.? Volker Weidermann, " Frankfurter Allgemeine Sonntagszeitung "
Leer más

Más libros de MÜLLER, HERTA

Todos los libros de MÜLLER, HERTA

Más información del libro

RANDEA DO ALENTO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-9914-099-5
EAN:
9788499140995
Nº páginas:
312
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
22 mm
Ancho:
15 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Herta Müller naceu o 17 de agosto de 1953 en Nitzkydorf, unha aldea alemá, na rexión do Banat en Romanía. Aos quince anos desprazouse a Timisoara, onde estudou filoloxía alemá e romanesa na Universidade do Oeste. Formou parte do grupo literario alemán, Aktionsgruppe Banat, de clara oposición á ditadura de Ceaussescu. O seu primeiro libro, Niederungen, publicouse en 1982, correxido e amputado pola censura. En 1984 foi editado en Alemaña onde recibiu o premio Aspekte-Literaturpreis. En 1984 o libro de contos Drükender Tango convértea nunha inimiga polas críticas ao sistema de vida e non se lle permitirá volver a publicar. Na súa máis recente obra, Christina und ihre Attrappe oder Was (nicht) in den Akten der Securitate steht, dá conta das aldraxes e acosos que non figuran no expediente que se lle abriu. En marzo de 1987 abandona Romanía e instálase en Berlín, onde reside na actualidade. Ten obras traducidas a máis de vinte e cinco idiomas e prestixiosos premios que avalan e recoñecen a súa traxectoria literaria. En galego están publicadas: O home é un grande faisán no mundo, Xerais, 2001 e Randea do alento, Xerais, 2010. En 2009 recibe o Premio Nobel de Literatura, a xuízo do xurado ?pola súa capacidade para describir coa concentración da poesía e a franqueza da prosa, a paisaxe dos seres desposuídos?.

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar