SARELA. PAISAXE CULTURAL

Autor: Ortigueira Bobillo, José Manuel

Sección: C. SOCIALES - Sociología

SARELA. PAISAXE CULTURAL

SARELA. PAISAXE CULTURAL

24,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
23/06/2022
Colección:
Ilustrada
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

O río Sarela representa -cos seus pouco máis de dez quilómetros de camiño dende o seu nacemento preto de Pardaces ata a desembocadura no río Sar en Vidán- unha parte fundamental da personalidade, e da historia, de Santiago de Compostela. Non obstante, as súas poéticas augas e a súa riquísima contorna seguen a ser hoxe unhas grandes descoñecidas. Por esta …

O río Sarela representa -cos seus pouco máis de dez quilómetros de camiño dende o seu nacemento preto de Pardaces ata a desembocadura no río Sar en Vidán- unha parte fundamental da personalidade, e da historia, de Santiago de Compostela. Non obstante, as súas poéticas augas e a súa riquísima contorna seguen a ser hoxe unhas grandes descoñecidas. Por esta razón, a presente obra será todo un descubrimento. Poderemos gozar dun patrimonio histórico que nos sorprenderá dende o inicio: como os esquecidos petróglifos, ou pontes tan singulares como a dos Tres Ollos ou a da Burata, a historia das lavandeiras ou as 17 fontes e ata 50 muíños rexistrados no seu percorrido. A carón disto, a riqueza natural, a flora e a fauna, pois o Sarela agasállanos con verdadeiros bosques de ribeira que acollen un ecosistema natural único. Esta paisaxe complétase coa singular historia industrial do río. Durante o século XIX, arredor das súas augas funcionaron ata 15 fábricas de curtidos, nun tempo no que Compostela chegou a ser a capital da industria do coiro en España. Toda esta documentación preséntase dun xeito áxil e didáctico, enriquecida con máis de 100 imaxes e ilustracións -actuais e históricas-, ademais dun detallado mapa que nos permite situar todos eses lugares citados e camiñar, guía en man, por unha 'nova' Compostela fluvial.
Leer más

Más libros de Ortigueira Bobillo, José Manuel

  • Sarela

    NO DISPONIBLE

    Sarela

    24,50€ IVA INCLUIDO

Más información del libro

SARELA. PAISAXE CULTURAL

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-18567-23-0
EAN:
9788418567230
Nº páginas:
180
Colección:
Ilustrada
Lengua:
GALLEGO
Alto:
190 mm
Ancho:
200 mm
Sección:
C. SOCIALES
Sub-Sección:
Sociología
José Manuel Ortigueira Bobillo naceu en Rairiz de Veiga (Ourense) en 1960 e dende 1985 reside en Santiago de Compostela. É enxeñeiro agrónomo e máster en dirección de empresas, e ten dirixido diversos proxectos culturais relacionados coa paisaxe e a fotografía. Entre eles, as exposicións Compostela Única (2013) e Camiño de Inverno. De Ponferrada a Compostela (2020), que contaron con cadanseu libro-catálogo, ou a organización das Xornadas Internacionais de Paisaxismo (1991). Así mesmo, é autor do libro Casos prácticos sobre análisis de inversiones y financiación de pymes. Desafiar la miopía empresarial (2004). A súa vida profesional está centrada no desenvolvemento industrial e tecnolóxico de Galicia, a través das sociedades públicas autonómicas Sodiga e Xesgalicia.

Otros libros en C. SOCIALES

También te pueden interesar