SON UNHA NOZ

SON UNHA NOZ: PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA INFANTIL 2018

Autor: Osés, Beatriz

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 6 años

SON UNHA NOZ

SON UNHA NOZ

10,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
RODEIRA - EDEBE
Publicación:
27/02/2018
Colección:
TUCÁN LARANXA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

A avogada Rossana Marinetti é unha muller implacable e amargada que denunciou a case todo o mundo. A súa vida cambia o día en que Omar H, un neno refuxiado (parece que sirio) cae da póla da súa nogueira. O neno transforma a súa vida por completo e, para poder quedar con el, di que é unha noz e que, …

A avogada Rossana Marinetti é unha muller implacable e amargada que denunciou a case todo o mundo. A súa vida cambia o día en que Omar H, un neno refuxiado (parece que sirio) cae da póla da súa nogueira. O neno transforma a súa vida por completo e, para poder quedar con el, di que é unha noz e que, segundo unha antiga lei, todo froito que caia da súa árbore no seu xardín pertencelle. O xuíz e o fiscal, incrédulos, escoitan as testemuñas: o veciño botánico (a quen lle ensina Omar a coidar as plantas), a modista (unha anciá solitaria que bota de menos o seu neto e á que Omar fai compaña), e mesmo o zapateiro (para quen Omar cociña deliciosos doces), aseguran que o neno é, efectivamente, unha noz. Ao final, mesmo o fiscal está de acordo. Mentres, Omar lembra como fuxiu coa súa familia da guerra, cómo morreron os seus pais e como fuxiu do centro de acollida. O xuíz, ao final, ditamina que o neno é unha noz, para que teña unha oportunidade na vida.
Leer más

Más libros de Osés, Beatriz

Todos los libros de Osés, Beatriz

Más información del libro

SON UNHA NOZ

Editorial:
RODEIRA - EDEBE
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-8349-544-5
EAN:
9788483495445
Nº páginas:
0
Colección:
TUCÁN LARANXA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
195 mm
Ancho:
130 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 6 años
Beatriz Osés (1972, Madrid). Xornalista, licenciada pola Universidad Complutense, escritora e profesora de Lengua y Literatura no IES Gregorio Peces-Barba (Colmenarejo, Madrid). Durante case vinte anos exerceu o seu labor docente en Estremadura e colabora en iniciativas de animación á lectura e á escritura con diversas institucións. Praticipou como relatora en seminarios desenvolvidos en Centros de Profesores, na UEX, no Instituto Cervantes de Londres, na Universidade de Passo Fundo en Brasil e no Instituto Cervantes de Nova Deli, entre outros. A súa liña de traballo pretende incentivar a creatividade dos alumnos e fomentar a lectura a través da creación literaria. Desenvolve obradoiros de escritura creativa con nenos e adultos así como recitais literarios, onde une a poesía e a lectura de contos e fragmentos de novelas con música e imaxes. Entre os seus galardóns de innovación educativa e creación literaria figuran: o Premio Joaquín Sama de Innovación Educativa, concedido pola Xunta de Estremadura, 2004, por Cuentos Medievales, Premio Giner de los Ríos á Mellora da Calidade Educativa 2005 polo proxecto Las ciudades que no vio Italo Calvino, Premio Lazarillo de Creación Literaria 2006 por Cuentos como pulgas, Premio Internacional de Poesía Infantil Ciudad de Orihuela 2008 por El secreto del oso hormiguero, Premio de Novela Xuvenil ?La Brújula? 2010 por El cuentanubes, obra pola que foi finalista do Premio Nacional no 2011. Tamén quedou finalista do Premio de Poesía Infantil Ciudad de Orihuela 2012 por Lo que saben los erizos, do Premio Edebé de Literatura Infantil 2015 por Dónde van las tortugas cuando mueren, del Premio Edebé de Literatura Infantil 2016 por El columpio de Madame Brochet e do Premio Les Mordus du Polar 2017 por Erik Vogler y los crímenes del rey blanco, seleccionado polas Bibliotecas Municipais de París. Entre os seus libros publicados coa editorial Edebé destacan ademais: Un cocodrilo para Laura e a saga policial protagonizada por Erik Vogler.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar