BESTA DO SEU SANGUE

BESTA DO SEU SANGUE

Autor: PEDREIRA, EMMA

Sección: NARRATIVA - Novela General

BESTA DO SEU SANGUE

BESTA DO SEU SANGUE

17,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
11/10/2018
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Besta do seu sangue relata, con grande orixinalidade, unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta desde unha visión que propugna unha revisión de xénero. Disposta como un conxunto fluído de microunidades narrativas, na novela conviven os rexistros culto e coloquial para vencellar as voces partícipes da historia e da creación do mito nacido arredor da persoa …

Besta do seu sangue relata, con grande orixinalidade, unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta desde unha visión que propugna unha revisión de xénero. Disposta como un conxunto fluído de microunidades narrativas, na novela conviven os rexistros culto e coloquial para vencellar as voces partícipes da historia e da creación do mito nacido arredor da persoa que foi considerada a primeira asasina en serie da nosa historia. A obra supón unha proposta transgresora e fragmentaria que se caracteriza por esa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros para abordar o tema da licantropía desde unha perspectiva de xénero. Narrada desde unha linguaxe poética, ao longo das páxinas desta excelente novela, salienta unha atmosfera de desacougo e angustia para abordar o tratamento dun personaxe que bebe das fontes cultas, mitolóxicas e populares galegas para reavivar a figura do lobo e a súa convivencia co ser humano.
Leer más

Más libros de PEDREIRA, EMMA

Más información del libro

BESTA DO SEU SANGUE

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-448-9
EAN:
9788491214489
Nº páginas:
192
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
225 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Emma Pedreira (A Coruña, 1978), licenciada en Filoloxía, poeta e narradora, gañou o Premio Xerais de Novela en 2018 con Besta do seu sangue. No ámbito da narrativa publicara con anterioridade Bestiario de silencios (2001); As cinzas adentras (2004); Corazón e demais tripas (2016, Premio de literatura erótica Narrativas Quentes=; e Bibliópatas e fobólogos (2017, Premio da Crítica Española). Como poeta publicou Diario bautismal dunha anarquista morta, (1999, Premio Johán Carballeira), Grimorio (2000, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón), Corpo (2001, Premio Faustino Rey Romero), As posturas do día (2001), Velenarias (2001, Premio Johán Carballeira), Os cadernos d'amor e os velenos (2002, Premio Johán Carballeira), Casa de orfas (2006, Premio Fiz Vergara Vilariño), Xoguetes póstumos (2010), Antítese da ruína (2011, IX Premio de poesía Novacaixagalicia), Libro das mentiras (2012, Certame de poesía Concello de Carral) e s/t (Xerais, 2015, Premio Gonzalo López Abente).

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar