A batalla do paraíso triste

A BATALLA DO PARAÍSO TRISTE

Autor: Pena, Xosé Ramón

Sección: NARRATIVA - Novela General

A batalla do paraíso triste

A batalla do paraíso triste

16,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
17/11/2008
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Entre 1940 e 1941 Europa arde baixo as lapas da II Guerra Mundial. Fuxindo das bombas e da barbarie nazi, milleiros de refuxiados acoden a Lisboa na procura dun visado que lles permita atinxir a liberdade. No medio daquela multitude está Antoine de Saint-Exupéry. O autor d? O principiño residiu na capital portuguesa antes de marchar cara a América e …

Entre 1940 e 1941 Europa arde baixo as lapas da II Guerra Mundial. Fuxindo das bombas e da barbarie nazi, milleiros de refuxiados acoden a Lisboa na procura dun visado que lles permita atinxir a liberdade. No medio daquela multitude está Antoine de Saint-Exupéry. O autor d? O principiño residiu na capital portuguesa antes de marchar cara a América e definiuna como un paraíso triste. Fuxindo do París ocupado, Fernando Freitas ?antigo oficial portugués? retorna ao seu país co obxectivo de cruzar o Atlántico. Con todo, os días son eternos na angustia da espera. Descuberta a súa verdadeira identidade, vese involucrado no medio da batalla que se está a librar na cidade entre os distintos servizos secretos, convertindo Lisboa nun niño de espías: un espazo de ambigüidades que se complica coa relación que Freitas vive coa actriz de revistas Catarina Gusmão. A batalla do paraíso triste de Xosé Ramón Pena é unha novela de acción e de espionaxe, pero tamén un relato de amores, esperanzas e desenganos; de amizades e traizóns: a crónica dunha Lisboa pobre e gris que a ditadura salazarista tenta ocultar co centileo dos hoteis de luxo e os espectáculos musicais.
Leer más

Más libros de Pena, Xosé Ramón

Más información del libro

A batalla do paraíso triste

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9782-922-9
EAN:
9788497829229
Nº páginas:
264
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Xosé Ramón Pena Sánchez (Betanzos, 1956) é un autor de referencia no eido dos estudos literarios galegos con títulos como " Literatura galega medieval " (1992), " Manuel Antonio e a vangarda " (1996), " Xograres do mar de Vigo " (Xerais, 1998), " Historia da literatura medieval galego-portuguesa " (2002) e " Martín Codax e os xograres do mar de Vigo (Xerais, 2017). Pola monumental " Historia da literatura galega " (Xerais 2013, 2014 e 2016) mereceu o premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Ensaio e Investigación 2014, o Premio da Crítica Galicia de Investigación 2015 e o Premio Losada Diéguez de Investigación 2017.Como narrador publicou: " O reverso do espello " (Xerais, 1984), " Para despois do adeus " (Premio Xerais, 1987), " Paixóns privadas " (Xerais, 1991), " A era de Acuario " (Xerais, 1997), " Fado de princesa " (2005), " A batalla do paraíso triste " (Xerais, 2008) e " Como en Alxeria " (Xerais, 2012). Asesor literario do suplemento ?Faro da Cultura? e columnista do " Faro de Vigo " , son súas tamén, entre outras, as edicións críticas das obras de Ramón Cabanillas: " Na noite estrelecida " (Xerais, 1988), " Da terra asoballada " (Xerais, 1989), " No desterro " (Xerais, 2010) e, en colaboración con X. M.ª Dobarro, de Ramón Cabanillas. " Poesía galega completa " (Xerais, 2009).

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar