Historia da Literatura Galega I

DAS ORIXES A 1853

Autor: Pena, Xosé Ramón

Sección: FILOLOGÍA - Literatura

Historia da Literatura Galega I

Historia da Literatura Galega I

25,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
02/09/2013
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITAR
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Coa presente Historia da Literatura Galega, da que este é o primeiro volume dos catro que conformarán a obra, preténdese configurar un relato coherente e eficaz da produción literaria de noso dende a Idade Media até a actualidade da man de Xosé Ramón Pena, un autor de indubidable prestixio no eido da historia da literatura e en permanente diálogo crítico …

Coa presente Historia da Literatura Galega, da que este é o primeiro volume dos catro que conformarán a obra, preténdese configurar un relato coherente e eficaz da produción literaria de noso dende a Idade Media até a actualidade da man de Xosé Ramón Pena, un autor de indubidable prestixio no eido da historia da literatura e en permanente diálogo crítico coas diferentes perspectivas da análise investigadora. Entender os textos literarios como un proceso artístico e comunicativo e, en consecuencia, analizar aqueles recursos retóricos dos que se serviron os seus creadores; comprender a literatura como unha herdanza e examinar as circunstancias sociais e políticas que rodean o nacemento, desenvolvemento e recepción das obras; considerar a propia traxectoria das creacións literarias en relación co devir da ferramenta lingüística que lles dá soporte: velaí a arela que guía as páxinas deste primeiro volume da Historia da Literatura Galega. Un tomo, Das orixes a 1853, dedicado ao longo período que vai desde o medievo, coa brillante etapa dos trobadores, pasando polo tempo dos denominados Séculos Escuros, para finalizar no ano de publicación d?A Gaita Gallega de Xoán Manuel Pintos, nos inicios do Rexurdimento.
Leer más

Más libros de Pena, Xosé Ramón

Más información del libro

Historia da Literatura Galega I

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-9914-551-8
EAN:
9788499145518
Nº páginas:
440
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITAR
Lengua:
GALLEGO
Alto:
24 mm
Ancho:
17 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Literatura
Xosé Ramón Pena Sánchez (Betanzos, 1956) é un autor de referencia no eido dos estudos literarios galegos con títulos como " Literatura galega medieval " (1992), " Manuel Antonio e a vangarda " (1996), " Xograres do mar de Vigo " (Xerais, 1998), " Historia da literatura medieval galego-portuguesa " (2002) e " Martín Codax e os xograres do mar de Vigo (Xerais, 2017). Pola monumental " Historia da literatura galega " (Xerais 2013, 2014 e 2016) mereceu o premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Ensaio e Investigación 2014, o Premio da Crítica Galicia de Investigación 2015 e o Premio Losada Diéguez de Investigación 2017.Como narrador publicou: " O reverso do espello " (Xerais, 1984), " Para despois do adeus " (Premio Xerais, 1987), " Paixóns privadas " (Xerais, 1991), " A era de Acuario " (Xerais, 1997), " Fado de princesa " (2005), " A batalla do paraíso triste " (Xerais, 2008) e " Como en Alxeria " (Xerais, 2012). Asesor literario do suplemento ?Faro da Cultura? e columnista do " Faro de Vigo " , son súas tamén, entre outras, as edicións críticas das obras de Ramón Cabanillas: " Na noite estrelecida " (Xerais, 1988), " Da terra asoballada " (Xerais, 1989), " No desterro " (Xerais, 2010) e, en colaboración con X. M.ª Dobarro, de Ramón Cabanillas. " Poesía galega completa " (Xerais, 2009).

Otros libros en FILOLOGÍA

También te pueden interesar