Historia da Literatura Galega IV

DE 1936 A 1975. A LONGA NOITE

Autor: Pena, Xosé Ramón

Sección: FILOLOGÍA - Literatura

Historia da Literatura Galega IV

Historia da Literatura Galega IV

26,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
07/03/2019
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Con este cuarto volume, Xosé Ramón Pena continúa o ambicioso relato da nosa historia literaria que iniciou hai máis de cinco anos e que conta cos seguintes títulos: «Historia da Literatura Galega, I. Das orixes a 1853» (Xerais 2013); «Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento» (Xerais 2014); «Historia da Literatura Galega III. De 1916 a …

Con este cuarto volume, Xosé Ramón Pena continúa o ambicioso relato da nosa historia literaria que iniciou hai máis de cinco anos e que conta cos seguintes títulos: «Historia da Literatura Galega, I. Das orixes a 1853» (Xerais 2013); «Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento» (Xerais 2014); «Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. A xeira das Irmandades» (Xerais 2016), e «Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975: A longa noite» (Xerais 2019). En liña co labor anterior, o autor alicerza unha narración documentada da etapa que transcorre entre as tráxicas xornadas de xullo de 1936 e os últimos días de 1975. Trátase do período da «longa noite de pedra», a partir do célebre título de Celso Emilio Ferreiro, pero tamén, desde mediados dos anos 60 e ao longo da primeira metade dos 70, do momento en que se anuncia a alborada do Segundo Rexurdimento das nosas letras, que se habería de producir tras a fin da ditadura franquista e a restauración das liberdades democráticas en España. Corenta anos de sombras e de marxinación, pois, mais tamén corenta anos de loita, de esperanzas e de logros decisivos, alumeados polas luces escintilantes dalgúns dos nomes e dos textos máis significativos na traxectoria das letras de noso. Percibir a obra literaria como parte dun organismo vivo, resultado da interacción constante entre a mobilización galeguista/nacionalista e os proxectos dos diferentes autores; considerala nas coordenadas socioculturais e sociopolíticas; procurar a textualidade de cada creador; abordar o macrotexto que se conforma nas súas converxencias verticais e horizontais, todo iso determina a proposta que Xosé Ramón Pena leva a termo, alén de prexuízos e de clixés, ao longo destas páxinas. Sen dúbida, un percorrido a través dun tempo tan cheo de dificultades como fascinador.
Leer más

Más libros de Pena, Xosé Ramón

Más información del libro

Historia da Literatura Galega IV

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-9121-481-6
EAN:
9788491214816
Nº páginas:
544
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
24 mm
Ancho:
17 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Literatura
Xosé Ramón Pena Sánchez (Betanzos, 1956) é un autor de referencia no eido dos estudos literarios galegos con títulos como «Literatura galega medieval» (1992), «Manuel Antonio e a vangarda» (1996), «Xograres do mar de Vigo» (Xerais, 1998) ou «Historia da literatura medieval galego-portuguesa» (2002). Ademais, como narrador escribiu unha significativa obra de ficción, «O reverso do espello» (Xerais, 1984), «Para despois do adeus» (Premio Xerais, 1987), «Paixóns privadas» (Xerais, 1991), «A era de Acuario» (Xerais, 1997), «Fado de princesa» (2005), «A batalla do paraíso triste» (Xerais, 2008) ou «Como en Alxeria» (Xerais, 2012). Director do suplemento Faro da Cultura e columnista do xornal «Faro de Vigo», son súas tamén, entre outras, as edicións críticas das obras de Ramón Cabanillas: «Na noite estrelecida» (Xerais, 1988), «Da terra asoballada» (Xerais, 1989), «No desterro» (Xerais, 2010) e, en colaboración con X. M.ª Dobarro, «Ramón Cabanillas. Poesía galega completa» (Xerais, 2009).

Otros libros en FILOLOGÍA

También te pueden interesar