AMADA LIBERDADE

AMADA LIBERDADE

Autor: Pérez-Barreiro Nolla, Fernando

Sección: BIOGRAFÍAS Y MEMORIAS - BIOGRAFIAS Y MEMORIAS GRAL

AMADA LIBERDADE

AMADA LIBERDADE

20,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
18/01/2013
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - MEMORIAS
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

En Amada liberdade recóllense as memorias do tradutor, escritor e intelectual Fernando Pérez-Barreiro Nolla. Este texto vai seguido de «A vida xuntos», onde Teresa Barro, esposa e compañeira de Fernando, dá conta da súa relación dende que se coñeceron en 1955. Cunha prosa áxil e profunda, o autor desenrola o nobelo da súa vida partindo dos anos da infancia en …

En Amada liberdade recóllense as memorias do tradutor, escritor e intelectual Fernando Pérez-Barreiro Nolla. Este texto vai seguido de «A vida xuntos», onde Teresa Barro, esposa e compañeira de Fernando, dá conta da súa relación dende que se coñeceron en 1955. Cunha prosa áxil e profunda, o autor desenrola o nobelo da súa vida partindo dos anos da infancia en Ferrol e Viveiro para enlazar coas experiencias en Santiago de Compostela, onde estuda Dereito e establece relacións persoais determinantes para o seu futuro: López Nogueira, Ramón Piñeiro, Carballo Calero, Xosé Manuel Beiras..., que propiciarían o seu contacto co galeguismo. Descobre tamén en Compostela o pensamento xurídico de Álvaro d'Ors e realiza de forma apaixonada labores de tradutor e director de obras dramáticas de autores europeos. Tras uns anos entre Madrid e A Coruña, trasládase a Londres como redactor e locutor da BBC. Dende esta cidade, Pérez-Barreiro, que amosa unha fonda preocupación pola evolución do nacionalismo galego, segue en contacto, xunto con Teresa Barro, cos proxectos galeguistas, sobre todo por medio de colaboracións na revista Grial, da tradución ao galego de clásicos universais e pola súa relación con Ramón Piñeiro ou Beiras, o que non lle quita tempo para estudar en profundidade a cultura oriental, e licenciarse en Lingua e literatura chinesas. A través das vivencias persoais deste intelectual galeguista, Amada liberdade ábrenos a porta, dende unha postura singular e non exenta de polémica, a unha reflexión filosófica, cultural e política da situación en Galicia durante a última metade do século XX.
Leer más

Más información del libro

AMADA LIBERDADE

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-338-5
EAN:
9788499143385
Nº páginas:
400
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - MEMORIAS
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
147 mm
Sección:
BIOGRAFÍAS Y MEMORIAS
Sub-Sección:
BIOGRAFIAS Y MEMORIAS GRAL
Fernando Pérez-Barreiro Nolla (Ferrol, 1931 - Lancaster, 2010). Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1963 trasladouse a Inglaterra, onde traballou, até 1969, como realizador, redactor e locutor de programas de radio dos servizos exteriores da BBC para España. Posteriormente foi xefe dos Servizos de Tradución da Organización Internacional do Café, onde seguiu colaborando varios anos despois da súa xubilación en 1993. Na Universidade de Westminster obtén a licenciatura en Lingua e literatura chinesas, e no verán de 1982 estuda na Universidade de Beijing. Na década de 1990 imparte clases de tradución na Universidade de Westminster e na Thames Valley. En 1972 publicou Macbeth, a primeira tradución ao galego dunha obra de teatro de Shakespeare. En 1982 sae en Edicións Xerais Flores e leña, onde se inclúen as primeiras traducións directas do chinés ao galego. Tamén en Xerais, en 1984 Fernando Pérez-Barreiro e Teresa Barro publican a tradución ao galego de Alicia no país das marabillas, galardoada en 1985 co Premio Nacional de Tradución de Libros Infantís e Xuvenís, do Ministerio de Cultura. En 1985 publican na mesma editorial a versión en galego de Alicia do outro lado do espello, tamén de Lewis Carroll. De 2005 é Breviario do pensamento clásico chinés, con traducións de textos filosóficos chineses, obra coa que gañou o Premio Plácido Castro. Académico correspondente da Real Academia Galega e membro do Consello Asesor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), en 2005 foille concedido o Pedrón de Honra e en 2009 a Medalla Castelao.

Otros libros en BIOGRAFÍAS Y MEMORIAS

  • LA SOCIEDAD DE LA NIEVE

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    LA SOCIEDAD DE LA NIEVE

    20,00€ IVA INCLUIDO

  • POR SI LAS VOCES VUELVEN

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    POR SI LAS VOCES VUELVEN

    7,95€ IVA INCLUIDO

  • LETIZIA Y YO

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    LETIZIA Y YO

    17,00€ IVA INCLUIDO

  • POR SI LAS VOCES VUELVEN

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    POR SI LAS VOCES VUELVEN

    17,90€ IVA INCLUIDO

  • LLAMADA, LA

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    LLAMADA, LA

    20,90€ IVA INCLUIDO

  • LA BAILARINA DE AUSCHWITZ

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    LA BAILARINA DE AUSCHWITZ

    10,95€ IVA INCLUIDO

  • Había del verbo a ver

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    Había del verbo a ver

    19,90€ IVA INCLUIDO

  • Las desheredadas

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    Las desheredadas

    20,90€ IVA INCLUIDO

  • EL CHICO DE LAS MUSARAÑAS

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    EL CHICO DE LAS MUSARAÑAS

    21,90€ IVA INCLUIDO

  • PROMETEO AMERICANO / OPPENHEIMER

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    PROMETEO AMERICANO / OPPENHEIMER

    29,90€ IVA INCLUIDO

  • Libre

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    Libre

    20,90€ IVA INCLUIDO

  • EL MUNDO DE AYER

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    EL MUNDO DE AYER

    27,00€ IVA INCLUIDO

  • CONFESIONES DE UN OPIÓFILO

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    CONFESIONES DE UN OPIÓFILO

    20,90€ IVA INCLUIDO

  • DETRAS DEL RUIDO

    NO DISPONIBLE

    DETRAS DEL RUIDO

    18,90€ IVA INCLUIDO