LONG PLAY

LONG PLAY

Autor: Pérez Díaz, Lois

Sección: POESÍA - POESÍA GRAL

LONG PLAY

LONG PLAY

17,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
09/11/2017
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

" Long Play " soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de " jukebox de autoxeografía " . Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima; e outro, na inmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa ás …

" Long Play " soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de " jukebox de autoxeografía " . Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima; e outro, na inmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa ás formas máis propias da canción ou da " twitteratura " a ritmo de música e desexo, coma un parteluz que observa a " aritmética beatle " : letras tristes + alegres melodías. A " forma " do Long Play navega libertaria cara ás augas de sinxeleza do fondo, tensando as fronteiras do xénero poético que galantea por intres con algún " riff " de humor ?se Ian Curtis é de Curtis e Ohio é O Hío, eu a Bueu digo vou, Jhonny, go, go!? e evasións cara " outros territorios posíbeis " ; concíbese o propio proceso de creación como un " crescendo de arte e ensaio " pleno de liberdade e de poesía por si mesmo. As palabras cantan e denuncian, celebran, imaxinan e protestan, concisas e inmersas na observación da experiencia vital: os problemas, os medos e inquedanzas de quen as escribe, os ollos tisnados da infancia infinda. A " ledicia blue " que agroma do triste. A loita por habitar os silencios da nosa zona escura.
Leer más

Más información del libro

LONG PLAY

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-293-5
EAN:
9788491212935
Nº páginas:
160
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
POESÍA
Sub-Sección:
POESÍA GRAL
Lois Pérez (Lugo, 1979) é mestre e contador de historias, e o centro da súa actividade artística é a narración oral e a escrita. No eido da dramaturxia, gañou en 2008 un dos premios de Teatro Radiofónico da Radio Galega, coa obra " Saltimbanqui " , dirixida e adaptada por Quico Cadaval e interpretada por este canda Xan Cejudo e Xosé Olveira Pico, publicada en libro-cd (Xerais, 2008). En 2013 publicou " LP " , o seu primeiro poemario, editado por Emerxente. Foi colaborador do grupo de teatro Pinchacarneiro, da Fundación Anade para persoas con diversidade funcional e ocasionalmente exerce de cronista do rock and roll para a revista " Ruta 66 " e como locutor radiofónico nocturno para openradio.es. Colabora coa Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e no eido do ensino traballou e coordinou diferentes proxectos de innovación na normalización lingüística do galego na escola, premiados todos eles (2008, 2009, 2010 e 2011) por organismos oficiais e institucións diversas. " Long Play " (2017) é o seu primeiro libro de poemas en Xerais.

Otros libros en POESÍA