Pan galego

Pan galego

Autor: PEREZ LAVANDEIRA, EDU

Sección: GASTRONOMÍA - Cocineros y Recetas

Pan galego

Pan galego

22,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
01/03/2024
Colección:
GASTRONOMIA
Ver ficha completa

ÚLTIMOS EJEMPLARES

Recogida en librería GRATIS

Envío a domicilio

Añadir a la cesta

Sinopsis

Os galegos efectivamente somos en ocasións reservados, humildes e non moi dados a presumir de nada. Ata que toca falar de pan. Aí non hai reservas nin miramentos. Os galegos non temos problemas en dividir o pan en dúas categorías: o que é pan e o que non. Entre o segundo grupo atópase todo aquel pan que non sexa galego. …

Os galegos efectivamente somos en ocasións reservados, humildes e non moi dados a presumir de nada. Ata que toca falar de pan. Aí non hai reservas nin miramentos. Os galegos non temos problemas en dividir o pan en dúas categorías: o que é pan e o que non. Entre o segundo grupo atópase todo aquel pan que non sexa galego. «Iso non é pan nin é nada» é unha frase que calquera galego pode dicir ante un pan que non é galego. E é que a memoria gustativa dos nosos antepasados permitiu que hoxe en día en Galicia se atopen, para min, os mellores pans e a mellor bolaría do mundo. Lembro perfectamente o día que lle comentei a alguén que ía facer un libro sobre o pan galego. -Ah, pero o pan galego dá para un libro? Sorrín de orella a orella e non dixen nin si nin non. -Non o sabes ben. O pan galego non dá para un libro, dá para unha enciclopedia. De aí que, se cadra, ata agora non se fixese ningún. Ningún coma este, claro. Con carácter enciclopédico e eterno. E que reúne as receitas, técnicas e os pans (e a bolaría e as empanadas) máis emblemáticos de Galicia. Porque o pan galego non é un, son moitos. O pan galego é un territorio inabarcable, inmenso. E se non me cres, abre o libro porque cho vou demostrar.
Leer más

Más información del libro

Pan galego

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-11-10502-6
EAN:
9788411105026
Nº páginas:
256
Colección:
GASTRONOMIA
Lengua:
ESPAÑOL
Alto:
23 mm
Ancho:
19 mm
Sección:
GASTRONOMÍA
Sub-Sección:
Cocineros y Recetas
Edu Lavandeira é director, realizador e creativo audiovisual con numerosos documentais e programas de entretemento no seu currículo. A súa mente creativa atopou na gastronomía unha extensión natural. Curioso, inquedo, amante das viaxes e doutras culturas, e con gran sensibilidade pola vertente humana das historias. A paixón pola gastronomía, especialmente os pans e as masas, levouno a crear e producir a primeira serie documental dedicada exclusivamente a este ancestral alimento: ""Maestros del Pan"" (Canal Cocina, 2021-2022). É tamén un adicto á elaboración de pan caseiro. Panarra autodidacta, a través da súa conta de Instagram @opelouro divulga e comparte métodos e técnicas para poder facer o teu propio pan sen saír da casa.

Otros libros en GASTRONOMÍA

También te pueden interesar