Amor de tango

Amor de tango

Autor: Queizán, María Xosé

Sección: NARRATIVA - Novela General

Amor de tango

Amor de tango

18,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
01/01/2023
Colección:
NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

En «Amor de tango» María Xosé Queizán presenta unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dos recordos de Margot, unha das protagonistas. É a novela das mulleres que durante os esperanzados anos 20 e 30 foron rapazas activas, ilusionadas e decididas a descubrir o mundo. É a novela das traballadoras que espertaron á …

En «Amor de tango» María Xosé Queizán presenta unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dos recordos de Margot, unha das protagonistas. É a novela das mulleres que durante os esperanzados anos 20 e 30 foron rapazas activas, ilusionadas e decididas a descubrir o mundo. É a novela das traballadoras que espertaron á vida naquela urbe pioneira, atlántica e liberal que era o Vigo de preguerra. É a novela das obreiras das fábricas de sardiñas que están estreitamente ligadas ao desenvolvemento industrial da cidade e da ría. É a novela dos transatlánticos, das fábricas de salgadura, do Cable Inglés, das grandes Navieiras, da emigración, do Berbés. Memoria viguesa, intimismo, historia miúda e persoal e retratos construídos desde un eficaz realismo constitúen os eixos sobre os que gravita este fermoso e inesquecible canto a Vigo e ás mulleres que a poboaron.
Leer más

Más libros de Queizán, María Xosé

Todos los libros de Queizán, María Xosé

Más información del libro

Amor de tango

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-11-10255-1
EAN:
9788411102551
Nº páginas:
192
Colección:
NARRATIVA
Lengua:
ESPAÑOL
Alto:
22 mm
Ancho:
16 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
María Xosé Queizán (Vigo, 1939), escritora, ensaísta, tradutora, activista, directora da revista «Festa da palabra silenciada» e pensadora feminista, é unha das autoras máis relevantes e influentes. Foi nomeada Socia de Honra da AELG e recibiu premios como a Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), Premio Irmandade do Libro (2013) e Premio da Cultura Galega (2016). Como narradora deu á luz as seguintes novelas: «A orella no buraco» (1965), «Amantia» (Xerais 1984), «A semellanza» (1988), «O segredo da Pedra Figueira» (Xerais 1989), «Amor de tango» (Xerais 1992), «O solpor da cupletista» (Xerais 2003), «Ten o seu punto a fresca rosa» (Xerais 2000), «Meu pai vaite matar» (Xerais 2011), «A boneca de Blanco Amor» (2014) e «Son noxento» (Xerais 2015), o volume de relatos «Sentinela, alerta! » (Xerais 2002) e a biografía «Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros» (Xerais 2014). Como poeta é autora de: «Metáfora da metáfora» (1991), «Despertar das amantes» (1993), «Fóra de min» (1995), «Non o abras como unha flor» (Xerais 2004) e «Cólera» (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia «Antígona, a forza do sangue» (Xerais 1991), o drama «Cartuxeira» (2008) e a comedia «Neuras» (2008). Como ensaísta publicou: «A muller en Galicia» (1977), «Recuperemos as mans» (1980), «Evidencias» (Xerais 1990), «Escrita da certeza» (1995), «Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal» (1998), «Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades» (Xerais 2004), «Anti natura» (Xerais 2008), «Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial» (Xerais 2011), «Rosalía de Castro e o poder sexual» (Xerais 2017) e «Despoxos e vísceras ilustres» (Xerais 2019). As súas memorias están recollidas en «Vivir a galope» (Xerais 2018).

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar