Cólera

CÓLERA

Autor: Queizán, María Xosé

Sección: POESÍA - POESÍA GRAL

Cólera

Cólera

13,35€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
24/05/2007
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Este novo poemario de María Xosé Queizán tenta recuperar a memoria da resistencia contra o franquismo, desde mediados dos 60 a mediados dos 70. Foron anos de rebeldía en que se produciron as folgas obreiras, as loitas contra o réxime opresor, confrontacións que causaron mortes, detencións, cárcere, exilio... A autora reflicte un proceso histórico que viviu e padeceu. Foron anos …

Este novo poemario de María Xosé Queizán tenta recuperar a memoria da resistencia contra o franquismo, desde mediados dos 60 a mediados dos 70. Foron anos de rebeldía en que se produciron as folgas obreiras, as loitas contra o réxime opresor, confrontacións que causaron mortes, detencións, cárcere, exilio... A autora reflicte un proceso histórico que viviu e padeceu. Foron anos de concienca ideolóxica e represión brutal; xa que logo non lle era posible rememorar ese terror sen ira, non podía escribilo sen cólera. Pero, aínda que a autora viviu os acontecementos, non os escribe en nome propio: están trazados dende o punto de vista masculino. Non podería escribirse desde a posición das poucas mulleres organizadas daquela en partidos e sindicatos: as mulleres non decidían, non contaban. Este poemario de lembranza e recoñecemento aos impulsores da conciencia política galega non sería o mesmo escrito desde a conciencia feminista. Tería que chamarse Cóleras, xa que as mulleres sentían unha dupla indignación porque padecían unha dobre opresión.
Leer más

Más libros de Queizán, María Xosé

Todos los libros de Queizán, María Xosé

Más información del libro

Cólera

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9782-612-9
EAN:
9788497826129
Nº páginas:
64
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
219 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
POESÍA
Sub-Sección:
POESÍA GRAL
María Xosé Queizán (Vigo, 1939) é escritora, directora da revista " Festa da palabra silenciada " e pensadora feminista. Como narradora deu á luz as seguintes novelas: " A orella no buraco " (1965), " Amantia " (Xerais 1984), " A semellanza " (1988), " O segredo da Pedra Figueira " (Xerais 1989, 2003), " Amor de tango " (Xerais 1992), " O solpor da cupletista " (Xerais 2003, 2013), " Ten o seu punto a fresca rosa " (Xerais 2000), " Meu pai vaite matar " (Xerais 2011), " A boneca de Blanco Amor " (2014) e " Son noxento " (Xerais, 2015), ademais do volume de relatos " Sentinela, alerta! " (Xerais 2002, 2015) e a biografía " Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros " (Xerais, 2014). Como poeta é autora dos seguintes títulos: " Metáfora da metáfora " (1991), " Despertar das amantes " (1993), " Fóra de min " (1995), " Non o abras como unha flor " (Xerais 2004) e " Cólera " (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia " Antígona, a forza do sangue " (Xerais 1991), o drama " Cartuxeira " (2008) e a comedia " Neuras " (2008). Ademais, traduciu para o galego relatos de Emilia Pardo Bazán e de Marguerite Yourcenar. Como ensaísta publicou: " A muller en Galicia " (1977), " Recuperemos as mans " (1980), " Evidencias " (Xerais 1990), " Escrita da certeza " (1995), " Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal " (1998), " Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades " (Xerais 2004), " Anti natura " (Xerais 2008), " Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial " (Xerais 2011) e " Rosalía de Castro e o poder sexual " (Xerais 2017). Foi nomeada Socia de Honra da AELG en 1998, recibiu o Premio Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), o Premio Irmandade do Libro (2013) e o Premio da Cultura Galega (2016).

Otros libros en POESÍA