SON NOXENTO

SON NOXENTO

Autor: Queizán, María Xosé

Sección: NARRATIVA - Novela General

SON NOXENTO

SON NOXENTO

15,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
05/03/2015
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha «nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas e tradicionais». Suso púñase tolo, saído como un can, cando miraba moverse o cu de Lilí, así que o intentou polas boas …

Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha «nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas e tradicionais». Suso púñase tolo, saído como un can, cando miraba moverse o cu de Lilí, así que o intentou polas boas e polas malas. Son noxento é a historia dunha relación presidida pola crueza e dun individuo abominable, un deses personaxes de carne e óso que, lamentablemente, existen, e que un día, sen que a autora desta novela saiba ben como, se lle filtrou no maxín. E, aínda que non é agradable ?nin sequera na ficción? tratar cun ser amoral como Suso, María Xosé Queizán confesa no limiar que, ao construílo, estivo todo o tempo diante do ordenador «sen parar de rir». E é que ese é un dos paradoxos de Son noxento: como pode ser tan hilarante un ser tan repugnante? Ademais de abordar a crítica social desde a boa literatura, Son noxento é unha novela presidida polo humor, por ese humor imprescindible para achegarse ás circunstancias e aos personaxes máis dramáticos a fin de escribir un relato intelixente e literario. Son noxento conta unha historia que nos mantén expectantes, elaborada a través dun espléndido monólogo interior. Unha curta e gran novela de María Xosé Queizán.
Leer más

Más libros de Queizán, María Xosé

Todos los libros de Queizán, María Xosé

Más información del libro

SON NOXENTO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-824-3
EAN:
9788499148243
Nº páginas:
112
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
María Xosé Queizán (Vigo, 1939) é escritora, directora da revista " Festa da palabra silenciada " e pensadora feminista. Como narradora deu á luz as seguintes novelas: " A orella no buraco " (1965), " Amantia " (Xerais 1984), " A semellanza " (1988), " O segredo da Pedra Figueira " (Xerais 1989, 2003), " Amor de tango " (Xerais 1992), " O solpor da cupletista " (Xerais 2003, 2013), " Ten o seu punto a fresca rosa " (Xerais 2000), " Meu pai vaite matar " (Xerais 2011), " A boneca de Blanco Amor " (2014) e " Son noxento " (Xerais, 2015), ademais do volume de relatos " Sentinela, alerta! " (Xerais 2002, 2015) e a biografía " Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros " (Xerais, 2014). Como poeta é autora dos seguintes títulos: " Metáfora da metáfora " (1991), " Despertar das amantes " (1993), " Fóra de min " (1995), " Non o abras como unha flor " (Xerais 2004) e " Cólera " (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia " Antígona, a forza do sangue " (Xerais 1991), o drama " Cartuxeira " (2008) e a comedia " Neuras " (2008). Ademais, traduciu para o galego relatos de Emilia Pardo Bazán e de Marguerite Yourcenar. Como ensaísta publicou: " A muller en Galicia " (1977), " Recuperemos as mans " (1980), " Evidencias " (Xerais 1990), " Escrita da certeza " (1995), " Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal " (1998), " Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades " (Xerais 2004), " Anti natura " (Xerais 2008), " Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial " (Xerais 2011) e " Rosalía de Castro e o poder sexual " (Xerais 2017). Foi nomeada Socia de Honra da AELG en 1998, recibiu o Premio Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), o Premio Irmandade do Libro (2013) e o Premio da Cultura Galega (2016).

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar