O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO

O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO

Autor: Rei Núñez, Luís

Sección: NARRATIVA - Novela General

O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO

O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO

18,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
07/07/2016
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena capital de provincia á que chegou en 1916, cando era fundamentalmente artista. Dúas décadas despois, sendo xa sobre todo político e dirixindo a loita do galeguismo, o estoupido da guerra no verán de 1936 afástao de alí para sempre. Debe deixar atrás, canda recordos imborrables, o fillo que tivera que enterrar e o …

Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena capital de provincia á que chegou en 1916, cando era fundamentalmente artista. Dúas décadas despois, sendo xa sobre todo político e dirixindo a loita do galeguismo, o estoupido da guerra no verán de 1936 afástao de alí para sempre. Debe deixar atrás, canda recordos imborrables, o fillo que tivera que enterrar e o compañeiro Bóveda, fusilado ao pé dun piñeiro polos sublevados. A vida arrástrao daquela por metrópoles coma Nova York, Bos Aires, París e, de novo, Bos Aires. Son tempos que inclúen o seu paso por un ministerio sen carteira do Goberno da República no exilio e mais o reencontro casual con José Gómez Gayoso, o militante comunista ao que poderá recorrer cando a dor do fracaso o leve a facer un encargo que o desacouga: por que non vingar o martirio do seu mellor amigo da Pontevedra onde creron que os soños ían ser posibles? Do peso na alma dos homes da historia colectiva e das incertezas morais dunha petición difícil nace a historia con que Rei Núñez regresa á novela de non ficción. Un título que agranda o territorio conquistado polas letras galegas. Unha regalía para os lectores.
Leer más

Más libros de Rei Núñez, Luís

Más información del libro

O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-054-2
EAN:
9788491210542
Nº páginas:
320
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) é xornalista de profesión e autor dos poemarios ?A rolda invisible? (1988), ?Alma mareira? (2003) e ?Estrela do norte? (2014, Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores), da biografía de Rafael Dieste ?A travesía dun século? (1987) e do volume ensaístico ?Poetas Andantes Navegantes? (1995). Xerais publica a súa obra narrativa, que inclúe os títulos ?Expediente Artieda? (2000, Premio Xerais de novela), ?A estrela dos polisóns? (2003), ?Toda a vida? (2005), ?O señor Lugrís e a negra sombra? (2007, Premio da Crítica Española e Premio da Federación de Libreiros de Galicia ao mellor libro do ano), ?Monte Louro? (2009, Premio Blanco Amor de novela longa e Premio Fervenzas Literarias á mellor novela do ano), ?Cita en Fisterra? (2011), ?Días que non foron? (2013) e ?O encargo do señor Castelao? (2016). Fotografía do autor: ©Alba Sotelo

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar