Laxeiro por si mesmo

LAXEIRO POR SI MESMO

Autor: Reigosa, Carlos G.

Sección: ARTE - Pintura

Laxeiro por si mesmo

Laxeiro por si mesmo

19,25€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
20/11/2008
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Conversas
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Laxeiro fronte a si mesmo e fronte a Xosé Otero Abeledo, o " eu " primixenio. Laxeiro nas súas propias palabras, sen intermediarios nin intérpretes, nunha conversa con Carlos G. Reigosa sobre o divino e o humano, e tamén sobre a pintura, o seu desafío radical. Laxeiro por si mesmo, nu diante do espello, espontáneo e vital, sen disfraces... Iso …

Laxeiro fronte a si mesmo e fronte a Xosé Otero Abeledo, o " eu " primixenio. Laxeiro nas súas propias palabras, sen intermediarios nin intérpretes, nunha conversa con Carlos G. Reigosa sobre o divino e o humano, e tamén sobre a pintura, o seu desafío radical. Laxeiro por si mesmo, nu diante do espello, espontáneo e vital, sen disfraces... Iso contén este libro. Ben seguro, cando Laxeiro ollou por primeira vez o Pórtico da Gloria, a súa alma e a do Mestre Mateo xuntáronse nalgún recuncho do Marquesado da Romea e comezaron o seu parrafeo creativo, frutífero e se cadra interminable. Naceu así o pintor máis intuitivo, enérxico, axitador, libre e rebuldeiro da xeración de Os Renovadores da Vangarda Histórica galega. Rebelde contra as tradicións localistas, Laxeiro converteuse no rexo forxador dunha estética granítica, sempre fiel ás raíces, pero tamén en profundo diálogo coas vangardas pictóricas internacionais. Deste xeito puido ser -e foino- un proteico revitalizador dos mitos galegos (na liña de Valle-Inclán e de Cunqueiro), cunha expresión artística enxebre e universal á vez.Pintor de vigorosa ollada atlántica,, nunca deixou de buscar dentro del a autenticidade que distingue ós grandes creadores. Por iso, como ben escribiu X. Antón Castro, Laxeiro é " un dos pintores máis significativos e innovadores da España dos últimos setenta anos " . Algo que ninguén discute no centenario do seu nacemento. Laxeiro por si mesmo, inclúe a conversa que aínda permanecía inédita realizada por Carlos G. Reigosa, tres epílogos sobre o xenial pintor de Botos preparados por X. Antón Castro e os pintores Antón Patiño e Leopoldo Nóvoa, ademais de sesenta e catro páxinas a cor que constitúen tanto un percorrido fotobiográfico como unha escolma da súa obra pictórica.
Leer más

Más libros de Reigosa, Carlos G.

Todos los libros de Reigosa, Carlos G.

Más información del libro

Laxeiro por si mesmo

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9782-940-3
EAN:
9788497829403
Nº páginas:
0
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Conversas
Lengua:
GALLEGO
Alto:
241 mm
Ancho:
168 mm
Sección:
ARTE
Sub-Sección:
Pintura
Carlos G. Reigosa (A Pastoriza, 1948). Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Xornalista e membro do Consello Asesor da Fundación del Español Urgente (Fundeu). Como narrador ten publicadas as seguintes obras: ?Oxford, amén? (1982, Xerais 2006), novela; ?Homes de Tras da Corda? (Xerais 1982, 2000), relatos; ?Crime en Compostela? (Xerais 1984, 2005), Premio Xerais de novela; ?As pucharcas da lembranza? (Xerais 1985), relatos; ?Irmán Rei Artur? (Xerais 1986, 2000), relatos; ?O misterio do barco perdido? (Xerais 1988, 2005), novela; ?Os outros disparos de Billy? (Xerais 1991); ?A guerra do tabaco? (Xerais 1996, 2005), novela; ?Narcos? (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; ?Intramundi? (Xerais 2002), novela; ?Pepa A Loba? (Xerais 2006), novela; ?A vida do outro? (Xerais 2009), novela, Premio Gonzalo Torrente Ballester 2008; ?A lei das ánimas? (2010), novela; ?Tras da Corda? (Xerais 2012), relatos; ?A vitoria do perdedor? (Xerais 2013), novela; ?A vinganza do defunto? (Xerais 2014), novela, e ?Segredos de Bretaña? (Xerais, 2016), novela. Publicou o libro de poemas ?Kid salvaxe? (Xerais 2014) e a obra de teatro ?A soidade do asasino? (Xerais 2018), ademais de varios libros de investigación e ensaio xornalístico, entre eles, ?Fuxidos de sona? (Xerais 1989), reportaxe; ?Doutor Livingstone, supoño? (Xerais 1998), ensaio; ?O regreso dos maquis? (Xerais 2004), reportaxe; ?Laxeiro por si mesmo? (Xerais 2008), conversas; ?A agonía do león? (Xerais 2011); ?A Galicia máxica de García Márquez? (2009, Xerais 2013); ?Colmeiro por si mesmo?, escrito en colaboración con Xosé Antón Castro (Xerais 2015) e ?A morte de Valle-Inclán?, en colaboración con Javier del Valle Inclán e José Monleón (Xerais, 2016).

Otros libros en ARTE

También te pueden interesar