Tras do Ceo

Tras do Ceo

Autor: Rivas, Manuel

Sección: NARRATIVA - Novela General

Tras do Ceo

Tras do Ceo

18,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
01/09/2024
Colección:
NARRATIVA
Ver ficha completa

DISPONIBLE

Recogida en librería GRATIS

Envío a domicilio

Añadir a la cesta

Sinopsis

Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o obxectivo é «O Solitario», un lendario porco bravo, considerado moi perigoso, a quen se lle atribúe unha morte e ataques a participantes noutras cazarías. No escenario agreste da batida, dúas mulleres sendeiristas afrontan una situación de risco e os cazadores acoden na …

Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o obxectivo é «O Solitario», un lendario porco bravo, considerado moi perigoso, a quen se lle atribúe unha morte e ataques a participantes noutras cazarías. No escenario agreste da batida, dúas mulleres sendeiristas afrontan una situación de risco e os cazadores acoden na súa axuda. Despois, o que comeza sendo unha conversa informativa e amábel vai ir derivando nunha tensa discusión, sobre a caza e outros asuntos da vida, até chegar a un punto de violencia verbal. As mulleres, nai e filla, abraiadas pola situación, deciden fuxir. Dombodán, o máis novo da cuadrilla e o único que é natural de Tras do Ceo, o territorio onde transcorre a historia, vai narrando os feitos que se suceden nunha xornada trepidante. E faino cunha ollada propia, que perturba e engaiola a un tempo, levándonos da comedia ao inferno. A nova obra de Manuel Rivas é unha novela negra radical, salvaxe, sen edulcorantes, e que forma parte dun proxecto literario que ten por fondo a caza do home polo home e a depredación social e natural.
Leer más

Más libros de Rivas, Manuel

Todos los libros de Rivas, Manuel

Más información del libro

Tras do Ceo

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-11-10572-9
EAN:
9788411105729
Nº páginas:
216
Colección:
NARRATIVA
Lengua:
ESPAÑOL
Alto:
23 mm
Ancho:
16 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Manuel Rivas (A Coruña, 1957), escritor e xornalista. A súa obra, escrita en galego, está traducida a máis de trinta linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias do mundo. Como narrador ten publicado: Todo ben (1985) «Un millón de vacas» (1989), Premio da Crítica Española «Os comedores de patacas» (1991) «En salvaxe compaña» (1994), Premio da Crítica Galicia «Que me queres, amor?» (1996), Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa «Bala perdida» (1996) «O lapis do carpinteiro» (1998), Premio da Crítica Española, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Premio 50 aniversario da sección belga de Amnistía Internacional (2001) «Ela, maldita alma» (1999) «A man dos paíños» (2000) «As chamadas perdidas» (2002) «Contos de Nadal» (2003) «Os libros arden mal» (2006), novela, Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano, Premio da Crítica, Premio Mellor Libro do Ano Libreiros de Madrid, Premio da Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega «Todo é silencio» (2010), «As voces baixas» (2012), «O último día de Terranova» (2015) e «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste» (2018). «Tras do Ceo» (Xerais, 2024) é a primeira novela dunha serie histórica que Manuel Rivas vertebra sobre o eixe da caza do home polo home e a depredación da natureza. Tamén é autor dunha extensa obra xornalística e poética en lingua galega. É codirector da revista «Luzes».

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar